Castela

Ramiro III, nunha miniatura do 'Libro das Estampas' da catedral de León. (Foto: Catedral de León)
MEMORIA E HISTORIA

Sisnando, un arcebispo compostelán do século X ao servizo de Castela

O 29 de marzo de 968 morreu loitando contra os viquingos na parroquia de Rairis, no concello de Teo, o arcebispo de Compostela, Sisnando. A súa figura é chave para entender o quebracabezas do reino da Galiza naquel revolto século X.

O hispanista e editor fundador da revista 'Journal of Medieval Iberian Studies', Simon R. Doubleday (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Simon R. Doubleday, profesor de Historia en Nova York: "Galiza e Portugal eran centrais no século XI e Castela, periférica"

Hispanista e editor fundador da revista 'Journal of Medieval Iberian Studies', Simon R. Doubleday é un prestixioso profesor na Hofstra University (Nova York) que ten enfocado parte das súas investigacións na importancia do reino galego alén e aquén da península Ibérica. Agora prologa o libro 'Os Reis e as Raíñas da Galiza: 1000 anos dun reino de seu', que edita Sermos Galiza S.A.
O Mariscal Pardo de Cela.
MEMORIA E HISTORIA

A historia por coñecer de Pardo de Cela

O rei galego Vermudo II nunha miniatura do século XII recollido no 'Libro das estampas' da catedral de León. / Catedral de León
MEMORIA E HISTORIA

Vermudo II, un rei galego desde o Cantábrico até o Mondego

Hai 1041 anos, concretamente 15 de outubro de 982, Vermudo II foi coroado na catedral de Santiago de Compostela como rei da Galiza. Membro do círculo familiar dos Goterres e pai de Afonso V, actuou como instrumento do partido galego na delicada conxuntura de finais do século X.

Alexandre Vigo 86
CULTURA

Peres Vigo: "A literatura castelá do século XVII favoreceu a aparición do autoodio entre o galegos"

O profesor da Universidade da Coruña, Alexandre Peres Vigo, acaba de dar ao prelo un volume sobre a galaicofobia na literatura castelá do século XVII. O traballo entra nas causas da xenofobia contra os galegos.

Alberto Núñez Feixoo e Santiago Abascal, celebrando os resultados deste 28-M. (Fotos: Europa Press)
Estado español

O PP arrebatará ao PSOE catro gobernos autonómicos sumando coa ultradereita de Vox

Balears, País Valencià, Aragón e Cantabria caen en mans conservadoras.
Claustro do mosteiro de 
San Clodio-Leiro (Foto: Héitor Picallo).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Castelos da ourensá terra de Castela. Penacorneira, Roucos, Castro Covadoso, Ribadavia e outros

Nun manuscrito de 1758 de Frei Martiño Sarmiento, estudado por Isidoro Millán González-Pardo e que publica na revista Grial, reparara o sabio sobre “Os Castellanos de Orense”. Segundo o que achega o monxe bieito, chamarlle daquela a alguén “castellano de Orense” non implicaba que o personaxe falase o idioma español, pois a expresión “no se inventó para discernir idiomas, sino territorios. Ha sido precisa en algún tiempo para distinguir castellanos, o para no confundir los castellanos de Burgos con 
los castellanos de Orense”.
Torre de Caldaloba
Información do Reino

As fillas rebeldes de Pardo de Cela

O asasinato de Pedro Pardo de Cela en 1483 a mans dos exércitos  dos Reis Católicos non significou a derrota definitiva da rebelión galega contra Castela. As fillas do mariscal e de Isabel de Castro, netas por parte de nai de Pedro Álvarez de Osorio, conde Lemos, continuaron a loita do seu pai, non ficando atrás en perseveranza e valor.

Fortaleza de Pedro Madruga, en Soutomaior. (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

A loita de Pedro Madruga contra Castela

Foi un dos tres grandes Pedros da revolta galega contra Castela das décadas finais do século XV. Mentres Pardo de Cela ergueu o norte galego até morrer decapitado en Mondoñedo en 1483 e o conde Lemos bateu o ferro no centro até deixar o relevo ao seu fillo/neto Rodrigo, Madruga pelexaba no sur ás tropas dos Reis Católicos. Os tres a un tempo, como cabezas dun movemento nacional e popular, defenderon unha Galiza non subordinada a Castela porén ningún como Pedro Álvarez de Soutomaior, para nós Pedro Madruga, estivo tan cerca da vitoria.