Requisa de simboloxía a afeccionados do Celta
X.M.P.
27/nov./17 12:19
A Dirección Xeral de Policía afirma, nunha resposta ao Defensor del Pueblo, que a requisa das bandeiras galegas coa estrela vermella no partido contra o Leganés foi feita pola seguridade privada do club madrileño. Requisa feita por entender que dentro do estadio esa simboloxía puidese “fomentar, incitar ou axudar” a “comportamentos violentos”. Afeccionados celestes denunciaran a requisa aquel día de 'estreleiras', camisolas con tríscele e mesmo unha bandeira das 7 nacións celtas.