Peñas do CD Lugo denuncian a expulsión de seareiros no estadio do Rayo por levar ‘estreleiras’

Afirman que a seguridade privada do estadio confiscaron bandeiras galegas coa estrela ou co escudo deseñado por Castelao, así como as que levaban o símbolo dunha vaca, para alén de incautarlles as faixas de animación.

faixas requisadas CD Lugo vallecas
photo_camera Faixas requisadas a seareiros do CD Lugo no estadio do Rayo.

Non é a primeira vez que no estadio do Rayo Vallecano teñen problemas seareiros de equipas galegas por levar bandeiras galegas coa estrela vermella ou calquera elemento de identificación nacional. Pasoulle noutras tempadas a afeccionados do Celta e do Dépor e vén de acontecerlle esta fin de semana a seareiros do CD Lugo.

Nun comunicado asinado por catro peñas do club lucense (Brigadas lucenses, Muralla Norte, [email protected] Minho, Hinchada Rossa e Sección lololó) informan que para acceder ao estadio sufriron cacheos e controis que derivaron na incautación de bandeiras ‘estreleiras’, alegando seguridade que eran “independentistas” e “ilegais”. Tamén confiscaron bandeiras galegas co símbolo da vaca ou que levaban o escudo deseñado por Castelao. Mais non ficou aquí a actuación da seguridade e tamén procederon a requisarlles faixas de varias peñas, para alén dunha faixa de solidariedade cos independentistas encausados na Operación Jaro e bandeiras de Que Voltem!

Expulsados

Segundo informan estas peñas, cando o partido estaba a piques de finalizar, membros da seguridade privada acompañados por axentes da Policía Nacional expulsaron da grada a dous seareiros por portar unhas “estreleiras”, que previamente pasaran o control polas portas da afección local. “No momento no que se lles achacou este feito, comentouse que tamén había bandeiras republicanas no campo, algunhas con estrelas vermellas, contestaron de malas formas e en actitude hostil que esas podían pasar pero que as nosas galegas non; porque eran “independentistas” e estaban prohibidas”. Nese instante, indican estas peñas, parte da afección do CD Lugo “decidimos abandonar o Estadio [email protected] xa de tantos atropelos”.

Un galego emigrado en Madrid, socio do Rayo, interpuxo unha denuncia por estes feitos perante o club vallecano.

comentarios