"A Riazor, coa bandeira galega"

A expectación do partido do Deportivo contra o Espanyol non estará só no campo. As miradas dirixiranse cara ás bancadas onde se agarda que luzan estreleiras en resposta ao veto que @s siareir@s padeceron en diversos campos, o máis recente en Valladolid. “A Riazor, coa bandeira galega” é o lema da convocatoria que apoian, entre outros, o BNG e Galiza Nova. 

Imaxe do cartaz da convocatoria
photo_camera Imaxe do cartaz da convocatoria

A campaña, que se moveu a través das redes, anima a asistir ao partido do Deportivo contra o Espanyol que terá lugar este domingo en Riazor (17 h) con bandeiras galegas coa estrela. A convocatoria nace da resposta ao que aconteceu no campo do Valladolid onde as bandeiras foron requisadas polas forzas de seguridade do Estado como relataron vari@s seareir@s a Sermos Galiza

Bandeiras confiscadas e presión das forzas de seguridade con retencións e ameazas caldearon o ambiente e animaron a promover unha campaña de reivindicación da visibilidade da estreleira nos partidos das equipas galegas. A chamada ao uso da bandeira en Riazor nace despois dunha tempada na que o de Valladolid é o último dunha serie de episodios c@s adept@s das escadras galeg@s a padeceren presións para retiraren os símbolos nacionais. No campo de Valladolid luciron as bandeiras españolas -mesmo preconstitucionais- sen que en ningún momento fosen retiradas. A incautación das estreleiras en Valladolid levou ao BNG a apresentar unha iniciativa no Parlamento español

BNG e Galiza Nova fixeron chamamentos para secundar a convocatoria e acudiren a Riazor coa bandeira galega no encontro face o Espanyol, chave para a permanencia da equipa galega na Primeira División. 

Comentarios