A Candidatura do Povo é quen está a promover a convocatoria para o domingo diante do Multiusos Fontes do Sar co fin de facerlle fronte á prohibición de mostrar no campo bandeiras galegas coa estrela. A convocatoria estase a desenvolver a través das redes sociais e busca concentrar para o partido contra o Real Madrid un visíbel número de bandeiras da patria co fin de conseguir vencer o veto imposto no campo.
Os concelleiros do BNG de Compostela xa anunciaron que non volverán pisar o Fontes do Sar para asistiren aos partidos do Obradoiro mentres non se retire a prohibición de levar ás bancadas as bandeiras galegas coa estrela.