#follavacas: a denuncia das razzias contra as estreleiras é a nova máis visitada na historia de Sermos

A nova 'O me das la puta bandera o te la tragas. Tú eliges, follavacas' tivo 20.000 visitas, 3.200 'gosto' no Faceboock e centos de rechíos. 

 

Bandeiras nen Balaídos

A denuncia dos vetos ás bandeiras nacionalistas galegas en estadios e campos españois tivo unha impresionante acollida. A nova titulada 'O me das la puta bandera o te la tragas. Tú eliges, follavacas' (frase que un antidisturbios espetou a un seareiro galego que se negaba a que lle requisasen a estreleira) chegou ás 20.000 visitas. Colocouse como a nova máis vista nestes 13 meses de existencia de Sermos Galiza na rede.

Aliás, esta denuncia do que lles acontece a afeccionados do Depor e do Celta, e tamén doutras equipas, nos seus desprazamentos a estadios españois cando portan bandeiras nacionalistas, obtivo 3.200 'gosto' en Faceboock, record absoluto. E estas cifras complétanse cos centos e centos de rechíos e mencións nas redes sociais.

A segunda peza mais vista na historia de Sermos na rede é o artigo de Francisco Rodríguez "Retrato Instantáneo do noso País", con perto de 18.500 visitas.  E a terceira nova máis vista, con 15.400 visitas, é "A Xunta homenaxea Rosalía coa escritora Marta Rivera, belixerante contra a normalización do galego". 

Comentarios