Depor e Celta disputan 90 minutos vitais para a súa permanencia e as estreleiras aspiran a estar nas bancadas

Penúltimo acto da liga. Depor e Celta xóganse tres pontos imprescindíbeis para garantir a permanencia. Mais imprescindíbeis no caso do combo celeste, que xa non ten marxe de erro. Alén do resultado sobre o relvado, a incógnita está en se as estreleiras poderán ou non acceder aos campos.

Celta-Depor
photo_camera Celta-Depor

20 horas. O mesmo horario para todo os xogos, para que ninguén xogue coa vantaxe de saber o resultado dos demais. O Deportivo, con 35 pontos, visita La Romareda, no choque de despedida de Pellegrini, novo técnico do City, perante a súa freguesía. Unha vitoria da equipa de Fernando Vázquez, combinada cunha derrota do Zaragoza en Sevilla perante o Betis, certificaría matematicamente a permanencia dos coruñeses.

Fernando terá de disputar estes 90 minutos coa baixa de Manuel Pablo. O carril dereito vaino ocupar Silvio, que deixará a súa posición natural, na esquerda, ou a Ayoze ou a Evaldo. Voltan á convocatoria Laure, após muitas semanas lesionado, e Salomão, un futbolista que goza da confianza do treinador de Castrofeito.

O Celta, con 31 pontos, precisa facer o pleno nos dos últimos xogos e logo agardar a que ver que os fan os seus rivais. A vantaxe para a equipa de Abel Resino é que xoga no campo dunha equipa que xa non ten deberes que facer, o Valladolid dun Djukic que apunta ao banquiño do Valencia para a próxima temporada.

Está por ver se o Ministerio de Interior mantén a súa política de conculcar o dereito [email protected] [email protected] [email protected] a manifestar a súa adhesión a Galiza através das estreleiras

A equipa viguesa parte coas baixas por sanción de Jonathan Vila e Jony Castro. Todo apunta a que Cabral substituirá Vila e a que Antón de Vicente ou Bellvís lidarán pola praza que Castro deixa no lateral direito. Por súa parte, o Valladolid presenta unha importante baixa, a do sempre perigoso punta Javi Guerra. Zorrilla é un campo propicio para o Celta, que gañou en Valladolid nas súas últimas catro visitas.

O Málaga en teoría si ten opcións europeas, mas pasan neste momento máis polos despachos da UEFA -nesta altura unha sanción impediríalle participar na Europe League a vindeira campaña- do que polos campos de xogo.

As equipas galegas desprázanse e iso significa que tamén se desprazan as estreleiras. As celestes irán ao campo do Valladolid, onde dúas xornadas atrás as forzas de seguridade, estatais e privadas, impediron o acceso ao campo de [email protected] coa bandeira galega coa estrela vermella. Está por ver se o Ministerio de Interior, após o escándalo, que mesmo levou ao BNG a apresentar unha pergunta por escrito no Congreso, mantén a súa política de conculcar o dereito [email protected] [email protected] [email protected] a expresaren simbolicamente a súa adhesión a Galiza através da bandeira que identifica o nacionalismo galego.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios