David Rubín. BD galega no mundo

As risadas de David enchen a súa exposición en Afundación na Coruña. Son excesivas como a súa capacidade de traballo, sonoras como o seu éxito e tan rechamantes como o seu estilo gráfico. É un dos autores de banda deseñada máis recoñecidos e premiados, posuidor dun estilo dinámico e flamíxero que o fai inconfundíbel. En 20 anos de traxectoria non parou de medrar até ser un dos grandes nomes no cómic internacional. A súa obra está traducida á meirande parte dos idiomas europeos e goza dun grande éxito no mercado norteamericano. David nunca pasa desapercibido e, aínda que inxustamente ignorada, a xenerosidade deste ourensán é moito máis grande que a súa indómita e, ás veces, polémica personalidade.
David Rubín (Foto: Manuel Barreiro)
photo_camera David Rubín (Foto: Manuel Barreiro)
—Van xa 15 anos como profesional da BD. Como está sendo o sacrificio e ascensión de David Rubín? Máis calmado, segue habendo sacrificio e agardo que siga habendo ascensión pero xa máis calmado,…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Entrevistas
Comentarios