venres 21/01/22

O premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético recae en Fonso Barreiro

O creador, tamén coñecido como Fon no mundo dos cómics, asina a obra 'Cósmico o bombeiro galáctico'. A peza será publicada pola editorial Xerais.
Viñeta da banda deseñada gañadora do certame. (Foto: O Garaxe Hermético)
Viñeta da banda deseñada gañadora do certame. (Foto: O Garaxe Hermético)

O xurado da terceira edición do Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético comunicou na tarde desta terza feira, 4 de xaneiro, que Fonso Barreiro resultou gañador coa súa obra Cósmico, o bombeiro galáctico.

A obra foi elixida polo xurado -formado por Miguel Porto, Fernando Iglesias (Kohell), Fernando Llor, Kiko da Silva, Anaír Rodríguez e Fran Alonso- por ser "unha aventura que fala, de forma máis divertida que didáctica, do coidado e a natureza".

Neste sentido, ademais de considerar que a Galiza "por desgraza precisa desta clase de heroes", falan do "peculiar bombeiro extraterrícola" ao que se lle poden atopas ligazóns con "algúns personaxes míticos do anime e o manga".

O libro, que será publicado pola editorial Xerais a próxima primavera, presentarase ao público cun estilo cartoon infantil recoñecíbel noutras obras do creador, coñecido no mundiño como Fon. O xurado alude, no sei fallo, ás influencias "que van desde Jan até Toriyama".

O gañador deste ano pertence á primeira promoción de alumnos que se formaron nun curso da escola de O Garaxe Hermético e na actualidade é director das Xornadas de Banda Deseñada do Liceo de Noia.

No décimo aniversario

Cósmico, o bombeiro galáctico será presentado durante os actos de conmemoración do décimo aniversario de O Garaxe Hermético, fundado por Kiko da Silva en 2010 en Pontevedra.

De feito, tamén se preparan outras actividades como exposicións e encontros profesionais para todo este ano.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

O premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético recae en Fonso Barreiro
comentarios