axudas

O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. aprobou as propostas de traballo para 2022. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. chama a apoiar ‘Nós Diario’

O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., editora de Nós Diario, reclama o apoio das galegas e galegos após a exclusión do medio das axudas da Xunta da Galiza á prensa.
marcos maceira
LINGUA

A Mesa denunciará perante o Consello de Europa o veto da Xunta a ‘Nós Diario’ nas axudas aos medios

A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou na mañá da sexta feira que recorrerá ao Consello de Europa para denunciar a exclusión de Nós Diario nas axudas aos medios da Xunta da Galiza malia cumprir os criterios da convocatoria de subvencións.

SOCIAL

Que che parece que a Xunta exclúa das axudas aos medios 'Nós Diario' malia cumprir os criterios recollidos na convocatoria?

O Goberno négase a incluír o xornal no reparto de axudas aos medios galegos co único argumento de que non é un diario "porque só se publica de terza feira a sábado", malia que a OXD define "diario" como "calquera publicación que se edita catro ou máis días por semana".

Cantidade de fondos procedentes de convenios de colaboración con toda a prensa repartidos discrecionalmente pola Xunta en 2017. (Nós Diario / Fonte: Rexistro de Convenios da Xunta)
Análise

A Xunta reparte varios millóns en convenios cos medios sen convocatoria pública

A liberdade de información na Galiza está lastrada polo peso abrumador do gasto público nos ingresos de case toda a prensa.
A presidenta do Govern de Baleares, Francina Armengol, e o da Generalitat de Catalunya, Pere Aragonès, o 24 de novembro. (Foto: Isaac Buj / Europa Press)
'La Vanguardia' e 'El Periódico' reciben subvencións pola súa edición na lingua propia

O catalán: A chave que dá paso ás axudas públicas á prensa nos Países Cataláns

Con esta información, 'Nós Diario' achégase aos criterios empregados por Gobernos con lingua propia para subvencionar os medios de comunicación. Nesta ocasión, abórdase o caso dos Países Cataláns, cunha aposta dos Executivos na prensa que comunica na lingua propia e na que ten edicións en catalán.
O deputado do BNG, Néstor Rego, na Cámara Baixa (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Néstor Rego pide incluír a realidade galega nos criterios da PAC

Hectáreas de produción agraria na Galiza, en risco de quedar fóra das axudas da UE por non atender a realidade galega.

Axuda

Arroxo e López, durante a súa visita (Foto: Concello de Lugo).
SOCIAL

Lugo subvencionará a galeguización das lápidas do cemiterio municipal

O Concello porá 10.000 euros a disposición das familias que o desexen, en forma de axudas de 200€ por lápida
O impacto da pandemia
fixo caer os paradigmas
económicos dominantes (Imaxe: Europa Press).
star
ECONOMÍA

Tres políticas económicas para a terceira década

O avance da China desarma a hexemonía neoliberal. O Estado non é o problema, é o actor indispensábel para orientar a economía e decidir a combinación de propiedade pública e privada, de planificación e libre mercado máis conveniente; a planificación dirixe investimentos a sectores estratéxicos; o financiamento público alimenta empresas en sectores non maduros. O resultado é un avance consistente. Primacía en potencia e instalación de enerxía eólica e solar. Ascenso nas cadeas de valor das TICD. Avantaxe no despregamento das redes 5G. Primeira moeda dixital emitida por un banco central, o e-CNY, que ameaza o dólar como moeda global.
O sector vincula as estimacións para 2022 á ampliación do Xacobeo. Na imaxe, turistas nunha visita guiada á catedral. (Foto: César Arxina / Europa Press) #turismo #xacobeo #2022 #economía
ECONOMÍA

Un reto para 2022: o sector turístico quere convertelo no mellor da última década

Os diferentes mercados que forman parte do Clúster de Turismo da Galiza consideran que este foi un bo verán en canto aos datos, fornecidos sobre todo polas viaxeiras do país, doutros territorios do Estado ou de Portugal. Mais estes bos resultados non compensan todo o tempo que pasaron fechados os negocios, polo que acusan ao Executivo español de facer case imposíbel acceder á súa liña de axudas e demandan un cambio nos criterios.

A falta de control da Xunta abre as portas á picaresca na convocatoria de axudas á edición.
A Xunta non detectou un caso de intrusismo na convocatoria

A empresa dunha condenada por estafa recibe da Xunta da Galiza 30.000 euros en axudas para traducións

A falta de control na concesión das axudas da Xunta da Galiza á tradución de textos literarios provocou que unha empresa dada de alta pouco antes da convocatoria por unha muller condenada por estafa fose a segunda máis beneficiada na convocatoria destas
subvencións. As editoriais galegas insisten en que advertiron do risco.
A hostalaría é un dos sectores máis afectados pola lentitude da Xunta en aprobar axudas directas para traballadores autónomos. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
TRABALLO

As axudas ás traballadoras autónomas fracasan na Galiza, con só 23% solicitado

A rixidez dos requisitos para acceder ás axudas para autónomas do Goberno español fan que moitas persoas renuncien a solicitalas.
Quique Alvarellos-3
Axudas á tradución baixo sospeita

A Asociación Galega de Editoras mostra o seu rexeitamento ás axudas á tradución

A falta de control na concesión das axudas da Xunta de Galiza á tradución de textos literarios provoca a aparición de actores non profesionais que se benefician das subvencións repartidas con diñeiro público. A Asociación Galega de Editores mostra o seu rexeitamento á falta de filtros con que se concederon estas axudas.
Chus Iglesias leva 25 anos axudando persoas desde a Asociación Paluso. (Foto: Nós Diario)
Chus Iglesias é fundadora de Paluso

Chus Iglesias: "Precisamos que a sociedade abra os ollos para axudar a quen pasa por unha situación negativa"

Paluso é unha asociación sen ánimo de lucro que atende as máis necesitadas e intenta proporcionarlles alimentos, roupa e artigos que non poden conseguir. O nome Paluso corresponde á primeira sílaba das fillas de Chus e Serafín, quen canda Soana Desireé decidiron fundar a asociación entre os anos 1995 e 1996. Paluso finánciase con medios propios e achegas da veciñanza e de empresas colaboradoras. As súas comidas e ceas solidarias no Nadal son coñecidas en toda a Galiza.  
image_gallery
Trinta e tres editoras reparten os 200.000 euros de subvencións

O desleixo da Xunta nas axudas á tradución literaria indigna as editoriais

A Xunta pagará para que se traduza a mesma obra tres veces. Ademais, concederá unha estimábel cantidade de diñeiro para que se vertan ao galego obras de autores nados na Galiza que escriben ou escribiron en castelán. Estes son só algúns dos desatinos que exasperan ás editoriais galegas.
Poboación haitiana entre o cascallo tras o terremoto (Foto: Unicef).
INTERNACIONAL

Por volta de 1.300 mortos polo terremoto en Haití

A comunidad internacional ofrece axuda ante o temor a un novo desastre humanitario mentres Protección Civil advirte da chegada da tormenta tropical 'Grace', que pon o país en alerta amarela.
Fotograma de 'Nación'. (Foto: NÓS Produtora Cinematográfica Galega)
LINGUA

100.000 euros para a promoción do cine en galego da Deputación da Coruña

Oito filmes serán distribuídos na provincia da Coruña, películas galegas ou dobradas ao galego que se poderán gozar nas pantallas tanto públicas como privadas.

A deputada de Deportes da Deputación coruñesa, Cristina Capelán. (Foto: Deputación da Coruña).
DEPORTES

A Deputación da Coruña dedica 1,5 millóns ao deporte

105 clubs e 26 eventos benefícianse das axudas.
Manifestación feminista polas rúas de Compostela o 8M de 2021. (Foto Arxina).
SOCIAL

Instan a Xunta a corrixir axudas á conciliación discriminatorias "por bonificar exclusivamente os homes"

A asociación Petra Maternidades Feministas vén de presentar un recurso potestativo de reposición contra a formulación das axudas públicas. Segundo defende, obvian "as enormes necesidades das mulleres nais" da Galiza e "incrementan a discriminación que pretenden solucionar".

O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, na reunión do Consello do Goberno galego en San Caetano (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Pemes e autónomos levan un mes agardando polo reparto das axudas

O Consello da Xunta aproba a repartición dos 234 millóns de euros que o Goberno español asegura que transferiu á Galiza hai xa un mes para axudas directas a pemes e autónomos.