As autoridades azeríes comezan a deter e xulgar por delitos como terrorismo altos cargos da República de Artsakh, que xa anunciou a súa disolución a partir de xaneiro de 2024, mentres o Goberno de Armenia pide ao Tribunal da Haia que interceda para garantir a seguridade dos milleiros de persoas desprazadas.
As autoridades da República de Artsakh lanzaron esta quinta feira un comunicado no que anunciaron a súa disolución a partir do próximo 1 de xaneiro de 2024 despois de que Acerbaixán tomara o control do territorio a través dun ataque rápido o 19 de setembro e da sinatura do cesamento do fogo. Armenia denuncia que a toma de control do territorio por parte de Acerbaixán pode provocar unha "limpeza étnica" da poboación.
O éxodo de milleiros de armenias e armenios fóra dun territorio que ocuparon nos últimos séculos, entre o temor a unha limpeza étnica de Acerbaixán, estase a intensificar, incrementando os interrogantes sobre que pasará coa zona ao integrarse no Estado azarí.
Finalmente, Acerbaixán conseguiu o seu principal obxectivo desde a súa separación en 1991 da Unión Soviética, facerse co control de Artsakh, tras iniciar a segunda guerra en tres anos contra o territorio e bloquealo ao longo de nove meses até espallar a fame entre a poboación de maioría armenia.
Apenas 24 horas despois da entrada das primeiras subministracións en nove meses en Artsakh por mor do bloqueo azerí, Acerbaixán inicia unha nova guerra para intentar tomar todo o territorio de maioría armenia perante a inacción de Iereván, o que lle pode custar o posto ao presidente armenio.