A oficialidade do galego na UE debe esperar: os Vinte e sete continúan sen tomar unha decisión

Varios gobernos membros da UE aseguraron que o Executivo español “apurou demasiado” e “non resolveu todas as dúbidas” sobre como quere que sexa o proceso de oficialización do galego, catalán e euskera.
Reunión do Consello da UE en Bruxelas. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Reunión do Consello da UE en Bruxelas. (Foto: Nós Diario)

O ministro de Exteriores do Goberno español, José Manuel Albares, anunciou en rolda de prensa esta terza feira que a UE adía de novo a votación sobre a oficialidade de galego, catalán e euskera nas institucións europeas ao día 20 de novembro.

Varios gobernos membros da UE aseguraron que o Executivo español “apurou demasiado” e “non resolveu todas as dúbidas” sobre como quere que sexa o proceso de oficialización do galego, catalán e euskera.

O 19 de setembro, o Estado español levou á mesa do Consello de Asuntos Xerais da Unión Europea a modificación da normativa lingüística para facer oficial o galego.

Nin 'non' nin 'veto'

Ese día non houbo ningún "non" nin veto á proposta. Púidose debater, mais antes de aprobalo houbo que resolver que incremento de gasto supón e como se paga; como se incorpora legalmente á normativa europea que un Estado membro propoña tres linguas oficiais máis, á marxe da que xa ten recoñecida; e, moi importante, por que agora hai que abrir a porta a novos recoñecementos e que implicacións tería de cara ás futuras reivindicacións doutras comunidades lingüísticas”.

Comentarios