Xan Carballa
26/abr./24 22:11
É un artista xa consagrado despois de tantos anos na escena galega, onde comezou case na adolescencia. Xabier Díaz (A Coruña 1969), publicou recentemente o seu cuarto disco, Axúdame a sentir, coas Adufeiras de Salitre, un grupo de mulleres coas que xa leva dez anos e un ronsel de actuacións sempre ateigadas dun público fiel. Antes estiveron as experiencias en Rumbadeira, Berrogüetto, aCadaCanto ou Nova Galega de Danza, unha traxectoria que sementou parte da explosión diversa e colectiva da música tradicional galega de hoxe.