universidade

Evolución do orzamento deflactado da Universidade de Santiago de Compostela (Foto: Adrián Dios / Nós Diario).
star
Análise

Quince anos perdidos no financiamento universitario

Adrián Dios é profesor de Historia Económica na USC.
Exames de ABAU en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
LINGUA

Dimite o responsábel do exame de galego da ABAU que eliminara do temario a historia do idioma anterior a 1981

Gómez Clemente presentou a súa dimisión alegando “motivos persoais”. 

Protesta de Erguer. Estudantes da Galiza, esta quinta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
Agora

Erguer levántase contra os prezos das cafetarías

Erguer. Estudantes da Galiza denunciou esta quinta feira en Compostela que "os prezos das cafetarías universitarias, reguladas pola Xerencia [da universidade], veñen de sufrir unha fortísima suba". Segundo sinalaron, "o prezo do menú do día subiu a 7,5 euros desde os 6 euros do ano 2021", o que supón un aumento de 25%. "Mais tamén sabedes ben que isto non é un feito illado: o aluguer medio de Compostela, por exemplo, aumentou 41% só desde 2017, e sempre pagamos nós, as estudantes", proseguiron. "Temos non só a responsabilidade, senón tamén a necesidade de alzarmos a voz, mobilizarnos e organizarnos", reivindicou a organización. Ademais, o colectivo demandou "unha universidade democrática e popular, onde a restauración universitaria non só sexa máis accesíbel, senón un dereito de todos e todas as estudantes".
Escola universitaria de Enfermaría da USC, en Lugo (Foto: Google Maps).
SOCIAL

A xustiza avala a decisión da USC de anular a matrícula dun mozo que se inscribiu na carreira "con notas falsificadas"

O demandante, que non admite nin que falsease as súas cualificacións nin que cometese un erro, accedeu ao Grao en Enfermaría da USC en Lugo cunha nota de 11,388, ao estar lixeiramente por encima da de corte, mais a universidade asegura que esa non foi a nota que realmente sacou no selectivo.
En materia de innovación, destaca o reducido número de patentes que rexistra Galiza. (Foto: Xunta)
star
Análise

Unha Galiza pouco innovadora

Carmela Sánchez Carreira é profesora de Economía Aplicada na USC.
O foro no que participan unha quincena de investigadoras e arqueólogas ten como  propósito principal contribuír á posta en común dos diferentes proxectos de investigación que están a ser desenvolvidos por mulleres neste campo.
CULTURA

Un encontro de arqueoloxía busca a visibilidade das investigadoras

O CISPAC da Universidade de Santiago de Compostela e o INCIPIT do Consejo Superior de Investigaciones Científicas,  organizan un encontro que permitirá divulgar e difundir proxectos de investigación arqueolóxica de toda Europa nunhas xornadas científicas e divulgativas.
O sistema educativo, "a gran forxa das sociedades contemporáneas". (Foto: Europa Press)
star
Análise

Ocultar o pasado para modelar o futuro

Alexandre Peres Vigo é profesor na Universidade da Coruña.
Isabel Diéguez e Andrés Mazaira, docentes da UVigo, encargáronse de presentar o documento (Foto: Pedro Davila / Europa Press).
ECONOMÍA

Cal é o impacto económico dunha universidade? Un estudo revela a importancia da UVigo

A institución tamén produce un importante número de empregos directos e indirectos.
Alumnado na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, esta terza feira, nunha das probas da Abau. (Foto: Arxina)
Ensino

A ABAU 2024 xa ten data: estes son os prazos que debes coñecer

Na proba de Lingua Galega da selectividade do vindeiro ano non entrará a historia do idioma galego anterior a 1981.
Estudantado universitario (Foto: Europa Press).
Agora

Universidades galegas reivindican a importancia da innovación docente nunha xornada na Coruña

Representantes das universidades galegas reivindicaron a importancia da innovación docente nunha xornada na Coruña, que contou tamén coa presenza do secretario xeral de Univeridades, José Alberto Díez de Castro. Foi no marco da xornada promovida polo Centro de Formación e Innovación Educativa da Universidade da Coruña (UDC), xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a de Vigo (UVigo). Trátase da primeira edición da Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente que aspira, segundo os seus responsábeis, a ser "un punto de encontro entre docentes universitarios de toda Galiza para pór en común experiencias e tecer redes de colaboración".

Exames de ABAU en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
Ensino

As universidades galegas piden máis concreción ao Ministerio sobre a ABAU

As universidades galegas propoñen unha "estandarización das cualificacións por distrito en base ás notas do ano académico no que se examine o alumnado".
Estudantes preparando a ABAU antes dun exame. (Foto: Arxina)
Ensino

Mesmo número de exames e elección entre Historia de España e Filosofía: así será a ABAU 2024

A ABAU do presente curso realizarase antes do 14 de xuño na convocatoria ordinaria, e antes do 12 de xullo ou 13 de setembro na extraordinaria.
Xurxo Doval e Lara Méndez. (Foto: Europa Press)
Agora

'Revolta nas aulas', a campaña das Xuventudes Socialistas para exixir máis financiamento en educación

Xuventudes Socialistas presentou esta cuarta feira na Universidade da Coruña (UDC) a campaña 'Revolta nas aulas' co obxectivo de demandar melloras no ámbito educativo e financiamento. O seu secretario xeral, Xurxo Doval, precisou que buscan xerar "pensamento crítico" entre o estudantado ante a "falta de financiamento". Doval demandou unha primeira matrícula gratuíta na universidade e financiamento para os comedores, "que subiron 21%". Ademais, alertou do custo do material escolar, polo que reclamou máis medidas de apoio ás familias, alén de incidir na gratuidade dos libros de texto, que o PP rexeita "cando sacan o bono deportivo". "Hai un desmantelamento encuberto da FP, están a incrementarse as horas de formación virtual cando se perde calidade", engadiu, ao que sumou, entre outras demandas, a dun técnico "que sirva de ligazón" co ámbito empresarial.

Protesta ás portas da Facultade de Economía da USC. (Foto: Europa Press)
Educación

Máis dun centenar de estudantes exixen apartar da docencia Luciano Méndez após voltar ás aulas

O profesor sancionado en varias ocasións pola USC volve impartir aulas este curso logo de tres anos castigado sen emprego e soldo por comentarios vexatorios e machistas.
Dolores Riveiro (primeira pola esquerda) e Roberto Bande (quinto pola esquerda) presentaron esta quinta feira o informe. [Foto: Santi Alvite]
star
Análise

A economía galega en 2022

Roberto Bande é profesor titular de Fundamentos da Análise Económica e decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC.
Dolores Riveiro (primeira pola esquerda) e Roberto Bande (quinto pola esquerda) presentaron esta quinta feira o informe. [Foto: Santi Alvite]
star
TRABALLO

Un terzo da poboación desempregada na Galiza ten estudos superiores

O estudo 'A Economía Galega. Informe 2022', elaborado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento da Galiza (Idega), foi presentado esta quinta feira en Compostela dando a coñecer a situación do país no ano en que se deixou atrás a pandemia.
Alumnado do grao en Intelixencia Artificial da USC. (Foto: USC).
star
Análise

Universidades: preparadas, listas, xa!

Senén Barro Ameneiro é director do Citius e ex reitor da USC.
image_gallery
SOCIAL

A política orzamentaria galega afoga as universidades

 Os graves problemas de financiamento volven pairar un ano máis sobre o sistema universitario galego. Neste sentido, as autoridades académicas aproveitaron a apertura do curso, que decorreu onte en Vigo, para reclamar á Xunta da Galiza máis recursos para facer fronte ás necesidades educativas e investigadoras. O mandatario galego, Alfonso Rueda, non deu resposta ás súas demandas.

O reitor da UR, Juan Carlos Ayala; a vicerreitora de Estudantes e Extensión Universitaria, Marian Martínez; a decana da Facultade de Letras e da Educación, Asun Barreras, e o presidente do Consello de Estudantes, Ramón Sánchez. (Foto: Europa Press)
A Rioxa

Homofobia e machismo entre os alumnos de Maxisterio da Universidade da Rioxa: "Hai que partirlle as bragas"

A vicerreitora condena os múltiples e reiterados comentarios vexatorios vertidos nun grupo de 'WhatsApp' de novatadas, "que están prohibidas", por parte dos alumnos e contra as súas compañeiras. A Universidade xa abriu un expediente informativo para investigar o sucedido.
Exames de ABAU en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
Ensino

O Goberno español apraza a reforma da ABAU un ano

O Ministerio de Educación e Formación Profesional trasladou esta decisión ás comunidades autónomas, coas que se reuniu de forma telemática esta quinta feira. Tamén o Ministerio de Universidades ten previsto trasladar a decisión ás universidades.