rural

Na reunión do 15 de maio o conselleiro de Medio Rural, José González (á fronte), anunciou que se constituía ese día un grupo de traballo sobre a seca (Foto: Xoán Crespo)
star
ECONOMÍA

As organizacións agrarias critican o "desentendemento" da Xunta ante o problema da seca

Fruga, SLG e Unións Agrarias seguen agardando propostas do Goberno galego perante a posíbel falta de auga neste verán.
forraxe rolos rural agro
SOCIAL

Advirten dos "graves riscos sociais" que implica a Lei de recursos naturais

O SLG anuncia que presentará alegacións ao anteproxecto.
Páez, gandeira de Viana do Bolo, acompañando os seus animais por un vieiro cara aos pastos (Nós Diario)
POLÍTICA

A gandaría galega só recibirá 25% das axudas da seca por parte do Goberno español

A Xunta cualificou de "discriminación territorial inaceptábel" as medidas do Goberno español para paliar a seca.
Tractorada en Lugo, esta quinta feira. (Foto: TVG)
Agora

Unha tractorada de produtores de carne volve colapsar o centro de Lugo para reclamar "prezos xustos"

Produtores de carne colapsaron o centro de Lugo esta quinta feira cunha tractorada formada por uns 400 vehículos, segundo estimación da convocante Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, para reclamar "prezos xustos" e denunciar os "recortes" na nova Política Agraria Común (PAC). O seu presidente, Santiago Rego, denuncia que cobran polo quilo de carne 'Suprema' arredor de 5,70 euros, o que supón un euro menos do que lles custa producir e con prezos "de hai 30 anos", polo que esa cifra debería subir até uns 7 euros para non vender a perdas, o que sería "un prezo razoábel, sen contar loxicamente co beneficio que se pode ter como calquera traballador polo seu traballo".

Patacas vellas e xermoladas (Foto: Human©).
star
Análise

2011-2020: Umha década perdida para a agricultura galega

Bernardo Valdês é professor do Departamento de Economía Aplicada da USC.
En moitos casos, a proliferación de parques eólicos na Galiza, como este da Serra do Xistral, interfire coas actividades agrarias (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Agora

O SLG demanda "transparencia e información" sobre os 75 parques eólicos aprobados

A recente autorización "en masa" de 75 novos proxectos eólicos, o pasado 26 de abril, por parte do Goberno galego provoca "incerteza" entre o sector agrogandeiro. Esta terza feira o Sindicato Labrego Galego exixe "transparencia e información" a respecto das citadas instalacións enerxéticas, aprobadas perante unha "tramitación exprés que verte moitas dúbidas sobre as garantías técnicas". Piden que a Xunta aclare "con que cantidade e tipo de medios humanos e tecnolóxicos foron levados a cabo os estudos" das 77 declaracións de impacto ambiental aprobadas previamente, en xaneiro.
Carmen P. G. Granxeiro centra o seu traballo no mundo audiovisual. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Carmen P. G. Granxeiro: "A representación queer dos últimos vinte anos é case un cambio de paradigma"

Carmen P. G. Granxeiro publica Estranxeiras, a súa primeira novela.

Caixa de lata

Aldea da Barxa, na Gudiña, comarca de Viana. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Débedas (enerxéticas) co rural

Fernando de Llano é profesor titular do Departamento de Empresa da UDC e experto en economía da enerxía, planificación e seguridade enerxéticas.
Vacas pacendo nunha leira.
star
Análise

Para que serve a política económica? Lamento pola situación do agro galego

María do Carme García-Negro é doutora en Economía.
As organizacións agrarias advirten de que dentro das poligonais eólicas hai terras de cultivo e pastoreo afectadas. (Foto: Arxina)
star
SOCIAL

Os eólicos baixan do monte: os proxectos presionan agora terras agrarias e gandeiras

Os parques eólicos reducen o aproveitamento agrícola. Así o denuncian as organizacións agrarias e até órganos como o Consello Económico e Social constatan como hai un cambio nas localizacións dos novos proxectos, que xa non miran para cumes e serras senón para zonas agrícolas e gandeiras.
O Rexo é umha iniciativa do Concelho de Alhariz e da Fundación Ramón González Ferreiro. (Fotos: Rosa Román)
star
Análise

O Rexo: queijo e muito mais

Bernardo Valdés Paços é professor do Departamento de Economía Aplicada da USC.
A primeira imaxe da exposición mostra un grupo de mulleres traballando na tasca do liño. (Foto: Gustav Henningsen)
star
Reportaxes

'Co sentido do común': unha achega ao traballo colectivo tradicional

En maio de 2021, os prestixiosos antropólogos Gustav Henningsen e Marisa Rey doaron ao Museo do Pobo Galego o seu valioso arquivo fotográfico. Como agradecemento ao matrimonio, esta institución organizou a mostra titulada 'Co sentido do común. Homenaxe a Gustav Henningsen e Marisa Rey', que estará aberta até o próximo 30 de abril do presente ano. A exposición busca a reflexión das persoas espectadoras sobre a relevancia do traballo comunitario, tan característico da sociedade tradicional galega, principalmente no medio rural.
As velutinas teñen predilección polas camelias, sobre todo polas de flor con estames amarelos (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Queres acabar coas velutinas? Eis as chaves para o trampeo destas vespas

A loita contra a vespa velutina comeza poucas semanas antes da primavera. É o momento no que as raíñas empezan a saír e a construír os niños que acabarán de facer as obreiras a partir do mes de maio. Até entón, buscan alimento para esa xeración de crías e celulosa para a súa gorida. É a única e a mellor ocasión para capturalas.
As entidades bancarias derivaron aos caixeiros automáticos a maioría das xestións que antes resolvían de forma presencial na oficina. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Os bancos estarán obrigados a ofrecer atención presencial en concellos pequenos

A Lei da autoridade do cliente financeiro incluirá unha emenda de PSOE e UP que busca paliar os efectos da chamada fenda dixital e a escaseza de servizos no rural.
Explotación apícola na parroquia de Baroña, en Porto do Son (Foto: CMVMC de Baroña).
ECONOMÍA

Máis da metade do mel que chega de fóra está adulterado

Un informe de Bruxelas confirma as denuncias dos sindicatos agrarios sobre a adulteración na mel que provén de terceiros Estados.
#leite #vaca #vacas #gandaría #gandeiros (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Unións Agrarias denuncia "un novo cartel do leite" por parte da industria

A organización pide que se cumpra coa normativa.
Protesta contra a industrialización do rural, hxoe en Taramundi. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Colectivos da Galiza e Asturias exixen a fin da "invasión eólica"

O SLG leva a protesta ante a reunión de Rueda e Barbón.
Sin título
TRABALLO

Unións Agrarias reclama "solucións rápidas" para "salvar o futuro" do sector apícola

A organización agraria alerta da crise que atravesa o sector apicultor.
Su Garrido Patio de Luz. (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

Su Garrido Pombo: do rural ao urbano

Su Garrido Pombo (1982) é unha cantautora viguesa pero co corazón na aldea de Traspielas, en Fornelos de Montes. A carreira profesional de Garrido comeza após gañar o premio Fran Pérez Narf da Deputación da Coruña no ano 2018 e, actualmente, encóntrase inmersa na xira de presentación do seu segundo disco, Patios de luz. Un álbum no que o mundo rural invade o mundo urbano e no que homenaxea esa vida en comunidade tan característica da aldea e dos patios de luz dos edificios. Conversamos con ela sobre a música e sobre o seu novo traballo.