Unións Agrarias denuncia "un novo cartel do leite" por parte da industria

A organización pide que se cumpra coa normativa.
#leite #vaca #vacas #gandaría #gandeiros (Foto: Nós Diario)
photo_camera #leite #vaca #vacas #gandaría #gandeiros (Foto: Nós Diario)

Unións Agrarias (UUAA) denunciou esta cuarta feira "unha campaña orquestrada" polas industrias lácteas para baixar os prezos ás explotacións gandeiras ante a renovación de contratos do próximo día 1 de abril.

O secretario xeral de UUAA, Roberto García, explicou que desde 2019 a normativa obriga a que a industria presente dous meses da finalización dos acordos unha proposta por escrito  para os seguintes contratos.

Sobre isto, García subliñou que "a dez días de que finalicen os contratos, non se teñen esas ofertas, que deberían ter chegado hai dous meses". O máximo representante do sindicato agrario sinalou que "non hai razón de tipo económico que xustifique esta baixada" e indicou que "a única razón para diminuír o prezo só pode responder a un novo cartel do leite".

Ante esta circunstancia, esixiu que os acordos actuais "se prorroguen o que sexa necesario para cumprir a lei, até que a industria presente a oferta". Ademais, tamén explicou que de non facerse, deberase actuar en consecuencia legal con estas industrias, "que poden ter sancións de até 100.000 euros".

Comentarios