O SLG demanda "transparencia e información" sobre os 75 parques eólicos aprobados

A recente autorización "en masa" de 75 novos proxectos eólicos, o pasado 26 de abril, por parte do Goberno galego provoca "incerteza" entre o sector agrogandeiro. Esta terza feira o Sindicato Labrego Galego exixe "transparencia e información" a respecto das citadas instalacións enerxéticas, aprobadas perante unha "tramitación exprés que verte moitas dúbidas sobre as garantías técnicas". Piden que a Xunta aclare "con que cantidade e tipo de medios humanos e tecnolóxicos foron levados a cabo os estudos" das 77 declaracións de impacto ambiental aprobadas previamente, en xaneiro.
En moitos casos, a proliferación de parques eólicos na Galiza, como este da Serra do Xistral, interfire coas actividades agrarias (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera En moitos casos, a proliferación de parques eólicos na Galiza, como este da Serra do Xistral, interfire coas actividades agrarias. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios