Rosalía de Castro

Imaxe da reportaxe de apertura do semanario. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Sermos Galiza une dous símbolos do país: Rosalía e a bandeira

O semanario tamén inclúe unha ampla entrevista coa mestra e autora de literatura infantil Helena Vilar Janeiro e desvela que hai tras o 'Arquivo Pacheco'. Se queres gozar de todos estes contidos, atoparás a publicación mañá nos puntos de venda habituais xunto co 'Nós Diario'.
Bandeira do batallon literario.
star
A confluencia de dous símbolos

Rosalía de Castro e a bandeira da Galiza

25 de maio de 1891. Exhumación dos restos de Rosalía de Castro no cemiterio da Adina e traslado a Bonaval. O Rexionalismo exhibe os seus símbolos, entre eles, a bandeira que se veu xestando en torno ás cores azul e branca desde 1808 e estaba, na altura, totalmente consolidada como bandeira da Galiza.
Rosalía e a familia en 1884. (Foto: Nós Diario)
star
Aí vén o maio!

'Follas Novas': Cume das nosas letras

'Follas Novas' (1880) é o segundo volume que Rosalía de Castro publica en galego logo de 'Cantares Gallegos' (1863), libro co que se inaugura a renacida expresión literaria na nosa lingua. Estamos ante un cume das nosas letras posto que, como é ben sabido, nestas composicións de tema tan universal como íntimo, patrióticas, comprometidas, ousadas e radicais, está reflectida non só a mestría da autora senón tamén a nosa propia e particular idiosincrasia como nación. A inusitada profundidade que contén, a valentía da poeta e o extraordinario dominio da expresión lírica farán que hoxe 'Follas Novas' provoque tanto abraio como sorpresa causou no seu tempo.
Retrato de Rosalía de Castro cando era moza. (Foto: María Cardarelly)
star
Aí vén o maio!

'Cantares gallegos' (1863), a obra que funda a literatura galega contemporánea: un clamor de albedrío nacional

'Cantares gallegos' (1863) é a obra fundacional da literatura galega contemporánea. Non nace do nada. Está precedida dunha lenta recuperación da lingua galega na escrita, que comeza, no século XIX, por unha literatura utilitaria que recolle temas do debate político da altura, e mais por publicación de poesía, en xornais e revistas. Francisco Añón, Alberto Camino e, sobre todo, Xoán Manuel Pintos son nomes relevantes deste afán rehabilitador. Mais é Rosalía de Castro a que consolida de vez estes meritorios precedentes e a que garante a consolidación dun movemento iniciático que, sen ela, podería apagarse ou esmorecer. Dótao dunha obra maxistral que é, ademais, un manifesto en defensa do povo galego.

Cadraba coas Sías

murais graffiti rosalia
CULTURA

Murais para homenaxear Rosalía en espazos públicos de Alfoz, Foz, Barreiros e Viveiro

Concepto Circo e Van Kraft encargaranse das intervencións artísticas, que se realizarán ao longo da semana e que forman parte das actividades organizadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor de Rosalía.
 
Eliseu Mera e Cándido Cabaleiro nun concerto na casa de Rosalía.
star
Música

A música do pensamento

O encontro entre a música e a poesía posibilita que os dous códigos lle dean forma a un modo de transmisión de contidos que abrangue o sensual e o intelectual, o tanxíbel e o espiritual.
rosaliacantada
Interpretado por Eliseu Mera e Cándido Cabaleiro

'Rosalía cantada', un achegamento á escritora desde a música clásica

A Fundación Rosalía de Castro achega o disco Rosalía cantada, un primeiro volume interpretado polo barítano Eliseu Mera e o pianista Cándido Cabaleiro, con 12 poemas rosalianos musicados.
O cadro 'Comida de voda en Bergantiños', de Fernando Álvarez de Sotomayor. (Foto: Real Academia de Belas Artes de San Fernando)
star
CULTURA

Manxares que definen a un pobo: As receitas de Rosalía, entre a identidade e a reivindicación

Do caldo á broa, pasando polas sardiñas salpresas, as 'torrexas' con mel ou as papas, a gastronomía está máis presente do que a primeira vista poida parecer na obra de Rosalía de Castro. Así o demostra Xavier Rodríguez Baixeras no seu último libro Rosalía e a cociña, que vén de publicar a fundación que salvagarda o legado da poeta e que pode atoparse xa nas librarías. 
Ofrenda floral da AEGL realizada hoxe no Panteón dos Galegos Iluestres
CULTURA

A asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega conmemora o Día de Rosalía

A AELG realiza unha ofrenda floral e a lectura do seu manifesto anual no Panteón de Galegos Ilustres.

Día de Rosalía

Carballos e figueiras

Rosalía de Castro, sempreviva. Compostela, sempreviva

Rosalía. Dez anos dunha reivindicación

Rosalía todos os días

1614169025ofrenda
Os eventos conmemorativos esténdense até comezos de marzo

Galiza festexa o Día de Rosalía con flores e poemas, alboradas e 'Caldo de Gloria'

O país rende homenaxe a Rosalía de Castro cando se conmemoran os 184 anos do seu nacemento. Os recitais, a música e as ofrendas florais foron as constantes dun 24 de febreiro que se festexou, unha vez máis, non só desde os ámbitos institucional e literario senón tamén desde o terreo popular. 

Rosalía crente

Mural de Lidia Cao no IES Macías o Namora, de Padrón, feito este ano. (Foto: Matilde Pardiñas)
star
CULTURA

O Día de Rosalía resiste a pandemia e asume novos desafíos

A AELG propuña en 2010 á cidadanía agasallar cun libro en galego e cunha flor as amizades e as persoas queridas para festexar o Día de Rosalía, alén doutras accións que iría acollendo con grande aceptación a sociedade. Este ano o seu acto ten lugar na imprenta Juan Compañel, na rúa Real de Vigo, baixo o lema "Teus doces cantares", cunha ofrenda floral seguida da lectura pública dun manifesto que vertebra as múltiplas iniciativas, con especial transcendencia no ensino, que loitan por resistir ás limitacións dun 2021 marcado pola pandemia.  

Tal día coma hoxe

Estranxeira na súa patria?