Aí vén o maio!
'Follas Novas': Cume das nosas letras
'Follas Novas' (1880) é o segundo volume que Rosalía de Castro publica en galego logo de 'Cantares Gallegos' (1863), libro co que se inaugura a renacida expresión literaria na nosa lingua. Estamos ante un cume das nosas letras posto que, como é ben sabido, nestas composicións de tema tan universal como íntimo, patrióticas, comprometidas, ousadas e radicais, está reflectida non só a mestría da autora senón tamén a nosa propia e particular idiosincrasia como nación. A inusitada profundidade que contén, a valentía da poeta e o extraordinario dominio da expresión lírica farán que hoxe 'Follas Novas' provoque tanto abraio como sorpresa causou no seu tempo.
Follas Novas publícase en 1880 na Habana grazas ao interese de Alejandro Chao, editor galego emigrado na capital cubana e amigo íntimo de Murguía e Rosalía. Hoxe sabemos que a maioría dos poemas…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.