pintura

Pormenor dun dos paneis de 'O home que falaba vegliota'.
star
Arte

Espiral creadora. A obra de Reimundo Patiño

Reimundo Patiño xogou un papel sobranceiro no desenvolvemento da arte galega desde Madrid e en estreito contacto coa cultura galega do interior e do exilio -foi amigo de Luís Seoane e participou na fundación da Unión do Povo Galego.
Viki Rivadulla
CULTURA

Viki Rivadulla: "Non quería transmitir esa imaxe da Rosalía soidosa, senón esa muller desafiante e forte"

A cultura do mar e a presenza de figuras femininas son unha constante na obra de Viki Rivadulla. A mostra Atlánticas. Mulleres do Nordés, exposta no claustro alto do Pazo de Fonseca, reflexa á perfección estas dúas cuestións. Seguindo a súa liña artística, Viki tamén deseñou a capa do Sermos Galiza desta fin de semana, un especial sobre Rosalía de Castro
Manuel Colmeiro. 'Bodegón', 1961-65. (Foto: Fundación Luís Seoane)
star
Arte

Colmeiro: a cor como territorio da emoción

O labor comisarial supera o difícil reto de ofrecer unha nova lectura dun artista moi presente nos últimos anos en proxectos expositivos galegos, e faino desde unha lectura centrada na cor como elemento fulcral no traballo do artista. 

Manuel Colmeiro. 'Bodegón', 1961-65. (Foto: Fundación Luís Seoane)
CULTURA

Colmeiro visto a través do prisma da cor

A exposición Colmeiro. Cor e sentimento inaugúrase na Fundación Luís Seoane.
Vieiros, San Juan nº 38, 1998
star
Arte

Manuel Moldes: vieiros na memoria

A pintura de Manuel Moldes mostra o interese na investigación sobre a cor e a percepción visual ao tempo que expresa axitación e incerteza, un desprendemento da realidade que é tamén  unha vontade de comprendela
'Bodegón' de Alejandro González Pascual. (Foto: Museo de Belas Artes da Coruña)
CULTURA

Belas Artes redescobre a obra de Alejandro González Pascual

O museo coruñés recompilou numerosas pezas deste pintor -procedentes de coleccións privadas e de institucións públicas- para fornecer ao público unha visión global do seu "mundo repleto de autenticidade".
Lodeiror investigaba elementos comunicativos cos que transmitir estados de ánimo.
star
CULTURA

A pintura de Lodeiro reivindica o seu lugar

No vixésimo quinto aniversario do seu pasamento, dúas exposicións reivindican a figura de Lodeiro, vítima dun certo esquecemento académico e crítico que non lle fai xustiza á súa obra. 
 
María Pérez estudou Belas Artes e quere dedicarse á ilustración nun futuro.(Foto: Nós Diario)
CULTURA

María Pérez, ilustradora: “Incluír á natureza nas miñas obras é unha forma de conseguir que o debuxo reviva”

María Pérez é unha ilustradora galega que leva desde que ten seis anos dentro do mundo do debuxo e a pintura. As súas obras, que xogan co realismo e con certos elementos surrealistas, contan cunha gran técnica. O seu gusto pola natureza queda patente nas pezas que comparte coas súas seguidoras nas redes sociais. Tamén se ocupa de encargos que se lle poden facer a través das mesmas, cun resultado máis que satisfactorio. Ademais, a ilustradora tamén se dedica a confeccionar cadernos artesanais.  
 
A exposición inaugúrase este xoves en Pontevedra.
CULTURA

A exposición 'Mulleres. Entre Renoir e Sorolla' inaugúrase este xoves no Museo Provincial de Pontevedra

A mostra incluirá tamén obras de Casas, Rusiñol ou Nonell e poderá visitarse até o 17 de outubro

Unha parte da reportaxe sobre o pintor mugardés Bello Piñeiro. (Foto: Sermos Galiza)
CULTURA

Sermos Galiza enxalza a figura do pintor e galeguista Bello Piñeiro

O semanario inclúe unha entrevista coa escritora Rebeca Baceiredo e unha reportaxe sobre as obras literarias que xurdiron na Galiza a partir da pandemia. Aliás, atoparás diversas recomendacións para o tempo de lecer. Procura o teu exemplar, xunto co 'Nós Diario', este sábado nos quiosques e puntos de venda habituais!
Trasmundo é a obra que culmina a etapa granítica de Laxeiro.
star
Reportaxes

Laxeiro: As múltiplas caras do artista

O vindeiro 21 de xullo fanse vinte e cinco anos do pasamento de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro, quizais o máis universal e popular dos artistas galegos do século XX. Laxeiro -que vén de ser escollido como a figura que homenaxeará o Día das Artes Galegas en 2022- foi quen de conciliar unha imaxe de paisano retranqueiro, xovial e comprometido, cunha obra que o situou sempre na vangarda da experimentación estética do seu tempo e que dotou á Galiza dunha plástica que reflectía, en cada momento histórico, a realidade sociocultural e o pensamento do país. 
Unha vista da exposición no Marco.
star
Arte

Acender a mirada. A obra de Din Matamoro no Marco

Con traballos como o de Din Matamoro percibimos que o presente artístico evidencia que a pintura, a pesar de todas as mudanzas, continúa a ser un ben común e que é o pensamento, a idea, a que é atinxida pola alteridade, continuando en boa medida a forma a ser un valor de uso.
'Os deuses', 1970. Colección permanente Fundación Laxeiro, Vigo.
CULTURA

As Artes Galegas renderán homenaxe a Laxeiro en 2022

A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu, por aclamación, agasallar ao longo de 2022 e, en especial, o Día das Artes Galegas, 1 de abril, a José Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín, 1908 - Vigo, 1996).
Unha imaxe da exposición. Foto: Olalla Lojo
star
Exposición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Din Matamoro: "A luz, non a cor"

O día 4 de xuño, inaugurouse unha mostra do pintor Din Matamoro no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Baixo o título de "A mirada acesa", o coautor do álbum ilustrado Mondas (con María Infantes, Euseino? Editores, 2019) achéganos unha escolla das obras que realizou durante os últimos anos. Sinalan Miguel Fernández Cid e Pilar Souto Soto, encargados da exposición, que a pintura aparece nela como "materia viva". Así e todo, neste artigo, Carlos Lema achégase á obra de Matamoro prescindindo desa diferenza entre materia viva e materia inerte ao considerar a obra pictórica sen dependencia ningunha respecto da mente nin da mirada do suxeito. A obra como obxecto con existencia de seu.

Os muíños do Folón e do Picón a través da pintura

Menchu Lamas no seu estudio. Foto: Cora patiño
star
Entrevistas

Menchu Lamas: "Desde algunhas instancias vese con bos ollos a anulación do pensamento"

Menchu Lamas posúe unha longa traxectoria artística que se remonta á década de 1970, na que participou –moitas veces como única muller do grupo– en varias iniciativas pioneiras nas artes plásticas galegas. Hoxe é un referente indiscutíbel que contribuíu de maneira decisiva a colocar a creación galega no mapa internacional. A publicación de nós outras, un libro realizado con Marica Campo, concibido para crear estratexias contra a marxinación e o acoso escolar, e editado por Chan da Pólvora, dános a ocasión para repasar algúns dos elementos chave da súa obra.

Manuel Quintana Martelo (Foto: Nuria González).
star
Entrevistas

Manuel Quintana Martelo: traballar coas formas do cotiá

Pintor, ilustrador, escultor, cartelista debuxante e elixido por segunda vez presidente da Real Academia Galega de Belas Artes. Manuel Quintana Martelo é un dos pintores galegos máis internacionais da nosa época, con obra exposta por toda a península, os Estados Unidos de América e en varios países europeos. Traballa coa luz urbana e os recursos orgánicos, a vida coa textura na cor e no inerte industrial, nunha mestura que, defende, escapa do bodegón clásico ou a impostura. Formado en Barcelona e inspirado nos materiais da terra que pisa e as cores que transforma, recíbenos no estudio da súa vivenda ao carón de Compostela para falar de traxectoria, reformas -da casa e da obra- e unha "case obsesión" co amarelo, os limóns e os marmelos.
Obra de Carlos Sobrino (Foto: Nós Diario).
star
Deseño

O mellor Carlos Sobrino

Onde estaba a fronteira entre a pintura e o deseño gráfico? Teño para min que naqueles anos de principios do século XX, nos que traballa Carlos Sobrino (Pontevedra, 1885 - Vigo, 1978), a raia está moi esvaída e mesmo habería que salientar que todo pintor aprende tamén a rotular e coñece as letras como parte da súa bagaxe profesional –Sobrino é desde moi novo catedrático de Debuxo e Caligrafía. 
As obras de Lula Goce chegaron a moitas vilas galegas. Á esquerda Sada, e o mural sobre Díaz Pardo (Cedida)
CULTURA

Lula Goce, artista: "A arte urbana saíu ao rescate deses barrios que medraron desorganizadamente hai 40 anos"

B. A xeración Nós. IV Asemblea Irmandades Fala
CULTURA

Libros e pintura na homenaxe do Museo do Pobo á Xeración Nós

A exposición organizada pola artista Isabel Pintado poderase visitar entre o 15 de outubro e o 6 de decembro.