Opinión

Os muíños do Folón e do Picón a través da pintura

Os muíños de auga existen desde os romanos, aínda que unha sociedade escravista como esa, non os potenciaron moito. No Estado español comenzan a espallarse cos árabes, instalando as aceas nos grandes ríos, logo na Idade Media, os pequenos coñecidos como bastardos, por non pertencer aos señores da Igrexa.

"Camiño dos frades" (o antigo paso por onde accedían os monxes de Santa María de Oia para chegar ao mosteiro a beira do mar), coñecido por "Camiño do Carro", é dicir, aquel por onde subían para transportar toxo, millo ou fariña, poden ollarse as impresionantes marcas que co paso do tempo foron deixando as rodas robustas, formadas por tres pezas de madeira reforzadas de ferro.

Cada once de novembro discorre por esa vía, inmediata a muiñada, a romaría de San Martiño, coa capela un pouco máis arriba, no "Campo do Couto", sempre vinculada á familia Acevedo de Fornelos.

No coñecido como Camiño do Carro poden ollarse as impresionantes marcas que co paso do tempo foron deixando as rodas robustas, de madeira

Ao longo da historia, son moitos os pintores que trasladaron ás teas a temática da muiñada. Vicent Van Gogh, durante súa estancia en Neumen, entre 1883 e 1885, pintara o Muíño de Auga en Gennep, un verdadeiro reto para o artista, tanto polo seu tamaño, como por ter sido plasmado a ceo descuberto, co frío de novembro de 1884. Francois Bouche, francés 1703-1770, as paisaxes con moios muíños de auga. Jacob Van Ruisdail (1650 ) levou ás teas dous e unha esclusa de estilo Barroco.

Meinbert Hobbema, no século XVII dominaba a representación da natureza sosegada dos bosques, pintou entre 1663-1668 O muíño de auga nun regueiro que atravesa unha planicie arbórea, construción habitual na pintura dos Países Baixos, porque permitía centrar a escena. Un óleo sobre madeira de 77,5x11 patente nos Museos de Belas Artes de Bruxelas.

En Galicia foi Xavier Pousa, inesquecible de Goián e integrante dos "Artistiñas", do Volter, na Rúa dos Eironciños en Ourense, quen trasladara ás teas o muíño de Zamáns, nas saias do Monte do Galiñeiro.

Ao longo da historia foron moitos os pintores que trasladaron ás teas a temática da muiñada. Un exemplo é Vicent Van Gogh

Unha homenaxe aos paisaxistas de todos os tempos que se interesaron por esta temática e para dar a coñecer os muíños do Folón do Picón a través da pintura, foron convidados artistas recoñecidos da Península Ibérica para pintar as paisaxes da moenda e realizar unha exposición itinerante polos Museos do Estado español e de Portugal, aqueles espazos situados nos Camiños Xacobeos, fundamentalmente polo Portugués, os máis próximos a este enclave, no triángulo sur galaico e montes do Rosal.

Figuran as burgalesas María Xosé Castaño e Verónica Alcácer "La Niña Vero"; as sevillanas Nuria Barrera e Irene Dorado, esta última con raíces rosaleiras; a palentina, con estudio en Vilagarcía de Arousa, Cris S. Villegas; Orlanda Gómez, Madeira, residente en Lugo; o coruñés Xorxe Andrés Serrano en Pontevedra igual que Alex Vázquez. A filla deste Amelia Palacios, con taller en Porto. Procedente de Vila Nova de Gaia (Portugal), Antonio Franchini; Daniel Manfredi, francés en Aranda de Duero, Burgos; Adolfo Álvarez Barthe, Nadir García, de León; José Gozar Viedma de Baeza (Xaén). Diego de Giráldez, da Cañiza; Rafa Calvo, Antonio Abad e Xavier Lemos, ambos de Vigo; José María Barreiro, natural de Forcarei, establecido nunha antiga Rectoral en Cela, Bueu; Camilo Camaño, Cangas do Morrazo, fundador da Mangallona; Antonio Martínez "Cachi", A Guarda; Secundino Diz, o mesmo que di que o fabricaron na cidade do Olivo, con berce no País Vasco e rexistrado en Crecente, nove décadas atrás, entre outros nomes significativos da plástica. A maioría xa se desprazaron a Martín e O Picón para documentarse e levalos ás teas, cadanseu no seu estilo.

Comentarios