A exposición 'Mulleres. Entre Renoir e Sorolla' inaugúrase esta quinta feira no Museo Provincial de Pontevedra

A mostra incluirá tamén obras de Casas, Rusiñol ou Nonell e poderá visitarse até o 17 de outubro

A exposición inaugúrase este xoves en Pontevedra.
photo_camera A exposición inaugúrase este xoves en Pontevedra.

A exposición titulada 'Mulleres. Entre Renoir e Sorolla' abre as súas portas esta quinta feira no Museo Provincial de Pontevedra co obxectivo de mostrar "a representación do universo feminino", ben nas súas formas tradicionais ou ben en "novos territorios" explorados polas mulleres no cambio de século do XIX ao XX.

A mostra contará con obras doutros artistas como Ramón Casas, Rusiñol ou Nonell e poderase visitar até o próximo 17 de outubro, segundo explicou a Deputación pontevedresa nun comunicado. A comisaria da exposición é Helena Alonso.

Así, o relato da mostra estrutúrase ao redor da representación da muller en diferentes ámbitos, entre eles, traballos asociados ao campo ou ao mar, así como a inclusión do deporte e a aprendizaxe en pintura.

Ademais, obsérvase unha predominancia dos espidos, coa peza "destacada" de Sorolla, 'Espido sobre o diván amarelo', á que se suma a "vontade" de Nonell de representar a parte máis desfavorecida da sociedade. Así mesmo, o pintor Renoir, reflicte o ideal de beleza feminino en 'Arcadia soñada', un mundo "idílico" ao que a muller, segundo asegurou o propio artista, "soubo permanecer unida".

Os óleos, debuxos e esculturas en bronce e mármore que conforman a exposición forman unha das coleccións privadas da Fundación Fran Daurel.

 

Comentarios