domingo 24/10/21
Exposición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Din Matamoro: "A luz, non a cor"

O día 4 de xuño, inaugurouse unha mostra do pintor Din Matamoro no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Baixo o título de "A mirada acesa", o coautor do álbum ilustrado Mondas (con María Infantes, Euseino? Editores, 2019) achéganos unha escolla das obras que realizou durante os últimos anos. Sinalan Miguel Fernández Cid e Pilar Souto Soto, encargados da exposición, que a pintura aparece nela como "materia viva". Así e todo, neste artigo, Carlos Lema achégase á obra de Matamoro prescindindo desa diferenza entre materia viva e materia inerte ao considerar a obra pictórica sen dependencia ningunha respecto da mente nin da mirada do suxeito. A obra como obxecto con existencia de seu.
Unha imaxe da exposición. Foto: Olalla Lojo
Unha imaxe da exposición. Foto: Olalla Lojo
O salientábel da pintura de Matamoro non é que desvele algo nin que dialogue con alguén, a súa importancia é a dunha obra na que luz e obxecto artístico son materia coa mesma xerarquía ontolóxica que o propio pintor e os suxeitos que a…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios