patriarcado

Violencia institucional, violencia simbólica

Sermos236

Nas vésperas do 8M, o Sermos debrúzase sobre o reino do patriarcado na economía

A economía é machista. As mulleres reciben polo mesmo traballo salarios 22 por cento máis baixos do que os dos homes. Este é o Tema de Primeira no Sermos236, xa na nosa loxa e esta quinta feira nos pontos de venda habituais. O semanario vén completiño: entrevista coa titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo, Paz Filgueira, a ofensiva do poder xudicial contra o soberanismo catalán, a batalla das vítimas do Alvia en Bruxelas...

Fan falta solteironas

Patriarcado, individualidade e ben común

Ser muller dá medo

Ser muller: a desgraza engadida

Crebar o patriarcado pola esquerda

Nacionalismo

maría-lameiras-3
COMUNIDADE SERMOS

"Que as mulleres conten cun órgano en exclusiva para o pracer é un desafío para o patriarcado"

A sexóloga María Lameiras, coautora do exitoso O clítoris e os seus segredos, considera que a sexualidade feminina segue a ser aínda unha gran descoñecida. E por iso é que se animou a coordinar o vindeiro A Fondo, que sae publicado co semanario nesta quinta feira.

Nacionalismo e patriarcado

O patriarcado usa a familia para fixar padrons autoritarios que logo se repiten en todas as estructuras da sociedade. A idea que o patriarcado institúe de nacion e patria é unha repeticion da que temos da familia e, como a familia patriarcal é autoritaria, é moi difícil pensar na ¨familia¨ grande que é a nacion dun xeito non autoritario. Mas iso é o que haberia que facer se queremos un nacionalismo galego que funcione. Haberia que inventar un nacionalismo non patriarcal.

Galiza e patriarcado

Foi doutrina galeguista afirmar que a Galiza era un matriarcado porque tiña mulleres fortes e que mandaban muito, e que os homes eran ¨femininos¨ e obedecian ás mulleres. Mas iso é o típico do patriarcado, non dun auténtico matriarcado para o que farian falta mulleres que non fosen patriarcais.

Atraso, elites e patriarcado

O patriarcado é a principal causa de atraso na sociedade, por cuanto que é un sistema de elitismo e absolutismo que se inicia na familia patriarcal e se repite en todo o funcionamento do mundo, e o elitismo e o absolutismo non consinten o adiantamento.

Linguas, imaxes e patriarcado

O patriarcado usou todas as relixions para asumir autoridade divina. A version patriarcal da relixion xudaico-cristiana asentou, con imaxes e linguaxes, a idea dun Patriarca máximo no céu que impuxo e bendeciu o patriarcado humano. No chamado ¨paganismo¨ grego e romano había deusas, arquetipos ou ¨enerxias¨ femininas fortes e poderosas, mas, nas versions que se espallaron das relixions monoteístas, os modelos femininos desapareceron e só ficou un deus masculino e patriarca. Esas versions son un tecido de enganos e non teñen fundamento.

Educación e patriarcado

O patriarcado é un sistema argallado para promover a xerarquia, o elitismo e a dependencia, e sempre usou a instrucción e a educación como arma de dominio polas elites. O obxetivo do patriarcado é aumentar e protexer o mando dos grupos dominantes, e para iso é fundamental cultivar a ignorancia e a falta de información nos demais

Demografía e patriarcado

Tiráselle importancia ao exceso de poboación no mundo e apreséntase como unha desgracia que diminúa en moitos países. Ainda que se saiba moi ben que o exceso de poboación só pode traer miseria física e de todo tipo e que non poderá haber traballo para todos, o que se está impondo é a norma patriarcal de que hai que reproducirse e traer ao mundo cantos mais fillos mellor sen pensar nas consecuencias.

Espías e patriarcado

Na política internacional é onde funciona o patriarcado con máis forza, cós padróns da familia patriarcal máis autoritaria e ríxida. O asunto de Angela Merkel e os espías estadounidenses é unha boa mostra de como no internacional rexen unha mentalidade e unhas prácticas propias das dictaduras e dos estados policiais.

Crise, corrupción e patriarcado

As nosas mentes xa non teñen cabida para tanta corrupción. Cando escoitamos os miles de millóns que roubaron do estado, pensamos no ric@s que podíamos ser. Son os nosos cartos, gañados co traballo da poboación, e andan en mans corruptas e en bancos foráneos, mesmo se o diñeiro non ten patria.
SOCIAL

Berros contra ''o silencio cómplice'' do patriarcado o día do seu enterro

Na véspera do 25N, Día internacional contra a violencia machista, ao redor de cen persoas fixeron parte do cortexo fúnebre que acompañou o cadaleito do patriarcado até o cemiterio de Bonaval, onde foi soterrado no mesmo panteón que o heterosexismo ou a linguaxe sexista. O acto tornouse un chamamento a ir máis aló e soterrar tamén "o sistema capitalista e a división sexual do traballo" para erguer outro que xire ao redor da vida das persoas
SOCIAL

24N: ''festa rachada'' para enterrar o patriarcado

A Comisión de Acción Feminista do BNG chama a soterrar "un sistema de dominación que oprime tanto ás mulleres como aos homes" e a darlles ás catro mulleres galegas asasinadas no que vai de ano "un adeus en que afirmemos a súa ousadía". Recalcan que "non é un acto noso, senón de toda a cidadanía" e reservan o 25N, Día internacional de loita contra a violencia machista, para "apoiar todas as actividades que se celebren"
'MULLERES FLOREIRO'

O alcalde de Sarria recúa e suspende o concurso de beleza 'por culpa' das feministas

Mulleres Nacionalistas Galegas arremeteu contra a organización do evento, ''sexista e anacrónico'' por parte do Concello, gobernado en maioría polo PP