Opinión

Espías e patriarcado

Na política internacional é onde funciona o patriarcado con máis forza, cós padróns da familia patriarcal máis autoritaria e ríxida. O asunto de Angela Merkel e os espías estadounidenses é unha boa mostra de como no internacional rexen unha mentalidade e unhas prácticas propias das dictaduras e dos estados policiais.

Na política internacional é onde funciona o patriarcado con máis forza, cós padróns da familia patriarcal máis autoritaria e ríxida. O asunto de Angela Merkel e os espías estadounidenses é unha boa mostra de como no internacional rexen unha mentalidade e unhas prácticas propias das dictaduras e dos estados policiais. No ámbito internacional non se cuestionan os padróns patriarcais de mando, control, obediencia e submisión como se cuestionan no ámbito nacional dos países máis democráticos.

"O esforzo e as cantidades inmensas de diñeiro dos contribuintes que se dedican a espiar indican que do que se trata é de manipular, controlar, suxeitar e impedir a liberdade"

O esforzo e as cantidades inmensas de diñeiro dos contribuintes que se dedican a espiar indican que do que se trata é de manipular, controlar, suxeitar e impedir a liberdade. No ámbito internacional o nivel é moi baixo, de barafullada e canfurnada, de contos e mais contos que non valen para nada e tapan a realidade e a verdade. 

A reacción de Merkel foi infantil  e indica unha simplez e unha falta de receo preocupante nun mundo no que todos sabemos que os espías espían todo. Non se escandalizou de que se espiase, senon de que a espiasen a ela, a Mutti,  como lle chaman, a mamai de familia-nación importante que merece trato especial por axudar aos patriarcas mundiais. E igual fixeron os dirixentes políticos dos demais países, que entregan eses países aos espías nacionais e internacionais.

Pero tamén é patriarcal a credulidade e submisión con que  se aceita no nivel internacional o que agora xa non se aceitaria tan fácil a nivel nacional ou familiar. O acatamento á autoridade e a aceitación do que din as figuras patriarcais masculinas e femininas que mandan no mundo, están calcados nun padrón que se aprende na familia patriarcal, o de que non se pode cuestionar aos pais e ás nais e que se lles debe obediencia e suxeición por seren autoridades.  

Comentarios