Opinión

Patriarcado, individualidade e ben común

Para o futuro da Galiza sería útil esclarecer a relación entre individualidade e ben común, que son cousas que hai que cultivar e teñen que funcionar xuntas, con equilibrio e sen que unha absorba á outra. O patriarcado utilizou a ideia do ben común en todas as estruturas da sociedade, desde a familiar até a política e a económica, para exixir o sacrificio da invidualidade e impedir o desenvolvimento axeitado de cada persoa.

O tipo de familia que o patriarcado implantou está pensado para amputar a individualidade e fomentar o individualismo estreito, impositivo e comenenzudo

O tipo de familia que o patriarcado implantou está pensado para amputar a individualidade e fomentar o individualismo estreito, impositivo e comenenzudo.  A falta de cultivo da individualidade no patriarcado fai que xurda e se espalle como unha plaga iso que chamamos o ego, que é o contrario da individualidade, porque depende só do exterior, desvía do centro verdadeiro de cada persoa e é igual en todos. O ego quer aplauso, estar no cume, mandar, imporse. Nada ten valor de seu para quen se deixa levar polo ego, que non ten máis norte que o que fixa a sociedade do momento nen máis aspiración que a de trunfar nela. Por iso un ego é igual a outro ego e un egocéntrico igual a outro egocéntrico.

O dominio que ten o patriarcado na Galiza é o que leva a que os galegos estean sempre divididos e a que haxa tantos egos que non se poden pór dacordo para procurar o ben comun. A individualidade auténtica non perde nada traballando con outros para o ben común, senon que gaña forza e substancia, e o ben común só se consegue contando con individualidades robustas e entendendo que hai que actuar con xustiza e xenerosidade para que se beneficie o colectivo e tamén o individual.     

Comentarios