Opinión

Linguas, imaxes e patriarcado

O patriarcado usou todas as relixions para asumir autoridade divina. A version patriarcal da relixion xudaico-cristiana asentou, con imaxes e linguaxes, a idea dun Patriarca máximo no céu que impuxo e bendeciu o patriarcado humano. No chamado ¨paganismo¨ grego e romano había deusas, arquetipos ou ¨enerxias¨ femininas fortes e poderosas, mas, nas versions que se espallaron das relixions monoteístas, os modelos femininos desapareceron e só ficou un deus masculino e patriarca. Esas versions son un tecido de enganos e non teñen fundamento.

"As línguas teñen moito peso nas imaxes que transmiten. Para nós a Lua é feminina porque a língua así a define, e daí é doado pasar a identificar esa Lua feminina coa muller, satélite natural, sen luz propria, negativa e inferior ao masculino Sol"

Dunha leitura sen sesgo patriarcal dos relatos da Biblia, por exemplo, hai que tirar que a figura divina que aparece no Xénese facendo a Criación, e que se representa sempre como o típico patriarca, non é masculina. Moitos eruditos afirman que non é Jehová nen Yawe, senon Elohim, que é como aparece nas traducions mais serias, e semella que ese nome indica unha personalidade mais feminina que masculina.

 Esa figura fai ¨o home¨, definido como ¨macho e fémia¨, ¨varon e varoa¨, e faino ¨á nosa imaxe e semellanza¨, o que indica que é dual ou plural e que desa dualidade ou pluralidade xurden a muller e o home. Nada mais lonxe da masculinidade exclusiva e do esmagamento da diferencia que o patriarcado impuxo.

As línguas teñen moito peso nas imaxes que transmiten. Para nós a Lua é feminina porque a língua así a define, e daí é doado pasar a identificar esa Lua feminina coa muller, satélite natural, sen luz propria, negativa e inferior ao masculino Sol, mas a palavra Lua é masculina en alemán e outras linguas e neutra nalgunhas outras. Para nós un auto e un barco son masculinos, mas en inglés son femininos, o que provoca imaxes e relacións distintas.

"A trinidade cristiana de Pai, Fillo e Espírito Santo transmite nas línguas derivadas do latin unha idea de masculinidade monolítica e excluinte do feminino"

E a palavra ¨espírito¨ é feminina ou neutra en moitas línguas. Virou masculina no latin e daí pasou, xa masculina, ás línguas románicas. Suponse que o deus do cristianismo é espírito, mas só nalgunhas línguas o espírito é masculino, o que quer dicer que pode ser tanto masculino como feminino. A trinidade cristiana de Pai, Fillo e Espírito Santo transmite nas línguas derivadas do latin unha idea de masculinidade monolítica e excluinte do feminino que perderia se lle tiramos a masculinidade ao espírito. Iso daria unha trinidade mais feminina que masculina e na que a única figura masculina sería a do fillo.

Hai moito interés en que o patriarcado siga dominando o mundo e por iso se promoven todas esas imposturas que dan apoio, sen fundamento nengun, a unha liña santificada de sucesion masculina, de patriarca divino a patriarca humano.

Comentarios