Ducias de berros contra ''o silencio cómplice'' do patriarcado o día do seu enterro

Na véspera do 25N, Día internacional contra a violencia machista, ao redor de cen persoas fixeron parte do cortexo fúnebre que acompañou o cadaleito do patriarcado até o cemiterio de Bonaval, onde foi soterrado no mesmo panteón que o heterosexismo ou a linguaxe sexista. O acto tornouse un chamamento a ir máis aló e soterrar tamén "o sistema capitalista e a división sexual do traballo" para erguer outro que xire ao redor da vida das persoas
photo_camera O 'cortexo fúnebre' avanza polo casco vello. [Imaxe: SG]
Comentarios