Opinión

Crise, corrupción e patriarcado

As nosas mentes xa non teñen cabida para tanta corrupción. Cando escoitamos os miles de millóns que roubaron do estado, pensamos no ric@s que podíamos ser. Son os nosos cartos, gañados co traballo da poboación, e andan en mans corruptas e en bancos foráneos, mesmo se o diñeiro non ten patria.

As nosas mentes xa non teñen cabida para tanta corrupción. Cando escoitamos os miles de millóns que roubaron do estado, pensamos no ric@s que podíamos ser. Son os nosos cartos, gañados co traballo da poboación, e andan en mans corruptas e en bancos foráneos, mesmo se o diñeiro non ten patria.

Nun inciso direi que os caciques si teñen patria, na medida en que son máis tolerados os caciques da casa e defendidos por nacionalistas. Ai Baltar de noso, querido, abrazado, homenaxeado!

Os comportamentos deshonestos catalóganse pola cantidade subtraída, a categoría ou a adxudicación política de quen detrae. As arbitrariedades máis modestas non son tan mal vistas. Grave erro. O comportamento arbitrario inclúe á maioría da poboación. Propagase de arriba abaixo como un torrente. Os de arriba, os que teñen grandes tesouros a man, poden roubar moito máis; os seguintes confórmanse con menos cantidades, e os de abaixo con pequenos favores, influencias, enchufes, notas, choios ou adiar as visitas médicas. Agora ben, ninguén pode asegurar que @s autores das corruptelas non farían enormes desfalcos, de estaren nun posto de máis poder.

Cando falo da maioría da poboación non quero dicir que todo a xente sexa corrupta, pero si que fai a vista gorda. Non nos alporizamos dabondo, senón os nosos berros serían como sirenas abraiantes.

Os tribunais non acostuman actuar con idéntica xustiza. É máis probable que acaben na cadea os que rouban menos que os grandes depredadores.

Isto non é novo. Tampouco é novo que sexan as persoas con menos cartos, menos poder, menos posición, menos prestixio as que saen peor paradas dos momentos de crise e gran corrupción.

Aí, na base da pirámide, están as mulleres e as criaturas. A feminización da pobreza agudízase en tempos de crise e a infancia padece de modo especial.

O patriarcado urdidor do sistema faise patente con maior crueldade. A valoración das nenas é menor ca dos nenos e a consecuencia é que, por cada punto do PIB, morren 7’4 nenas por 1’5 nenos. Causas: menos coidados, peor nutrición, atención médica, vacinación...

A crise fomenta o rigor do patriarcado.