Parques eólicos

Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense. (Fotos: Agostime / Europa Press).
ECONOMÍA

O Goberno español concede o permiso ambiental a un parque eólico en Triacastela, As Nogais e Becerreá

O 'Parque Levante' estará formado por 16 aeroxeradores
O Acibal (comarca de Caldas), en outubro, días antes de paralizar as obras. (Foto: Amil Sen Eólicos)
star
SOCIAL

A Galiza acolle 6 marchas contra "o espolio eólico"

A Fonsagrada, este sábado, e o domingo Moraña (comarca de Caldas), Lugo, Ortigueira (Ortegal), Val do Dubra (comarca de Compostela) e Vilar de Barrio (A Limia) acollerán concentracións, marchas e andainas para demostrar "o poder do pobo fronte o espolio eólico", nunha convocatoria que coincide co Día Internacional das Montañas.
 
Aeroxeradores previstos no proxecto do parque eólico Borrasca, de Greenalia.
ECONOMÍA

O Estado concede o permiso ambiental a un novo parque eólico de Greenalia, mais obriga a recolocar varios muíños

O proxecto Borrasca contaría con 15 aeroxeradores e unha potencia de 84 MW entre os concellos de Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e Xove.
Plano dos parques eólicos Boura, Monzón e Ventisca.
ECONOMÍA

O Miteco dá luz verde aos parques eólicos Boura, Monzón e Ventisca, de Greenalia

Os aeroxeradores situaríanse fóra das áreas delimitadas no Plan Sectorial Eólico da Galiza de 1997, algo que a Xunta posibilitou perante unha reforma lexislativa en 2021.
Estevo_de_Ribas_de_Sil._Presa
star
POLÍTICA

O CES reclama á Xunta da Galiza a posta en marcha dunha empresa pública de enerxía

O ditame elaborado polo Consello Económico e Social da Galiza en relación co anteproxecto de Lei de recursos naturais demanda mudanzas de fondo na política enerxética e mineira do Goberno galego. Neste punto, o CES urxe a unha participación central do sector público no negocio eléctrico.

A Chaira da Limia, unha das zonas que se verían prexudicadas (Foto: Stop Eólicos).
SOCIAL

Industria súmase ao rexeitamento do macroproxecto eólico na Limia

O escrito de consideracións da Xunta da Galiza no período de consultas que abriu o Miteco subliña que a Lei 8/2009, de 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico na Galiza determina que "non se poderán implantar parques eólicos fóra das áreas incluídas no Plan Sectorial Eólico" da Galiza.
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, en rolda de prensa após o Consello da Xunta (Foto: Xunta da Galiza).
POLÍTICA

Rueda carga contra a paralización de eólicos por parte da Xustiza: "Non comparto os criterios do TSXG"

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, criticou onte, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta, sentenzas xudiciais que paralizan eólicos. "Non comparto", dixo, "os criterios" do TSXG "e por iso os recorremos", aseverou en relación á paralización esta semana pola Xustiza dun novo eólico que fora autorizado pola Xunta.
eólicosa arxina eólicos asi non
SOCIAL

Mobilizacións na Galiza no Día Mundial das Montañas fronte á “especulación eólica”

A coordinadora 'Eólica Así non' reivindica o papel da veciñanza e dos colectivos sociais fronte a unha política renovábel de "gobernos e especuladores".
grafica
star
ECONOMÍA

As empresas eólicas obtiveron ingresos de 6.826 millóns de euros na última década na Galiza

A Galiza está no albo das enerxéticas pola capacidade para xerar electricidade dos seus recursos hídricos e eólicos. Neste sentido, explícase a intensidade do desenvolvemento destas tecnoloxías de produción no país. Só na última década as empresas eólicas tiveron uns ingresos superiores aos 6.800 millóns.

María Jesús Lourenzá e Alfonso Rueda. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

A Xunta responsabiliza "unhas poucas voces pero ruidosas" de "mediatizar decisións" tras outra suspensión pola xustiza dun parque eólico

Non é a primeira vez que desde o Goberno galego se mostra a súa incomidade para con decisións xudiciais que custionan a súa política eólica. 

Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
Parlamento

A xestión do litoral, os eólicos e a situación da vivenda marcarán a vindeira sesión plenaria no Parlamento galego

Os nacionalistas, que interpelarán a conselleira de Vivenda pola "falcatruada" que quere "atribuír toda a carga da proba" aos concellos na declaración das zonas tensionadas en materia de vivenda, introducirán tamén iniciativas sobre a situación eólica e a "inseguridade xurídica" que se está dando neste sector como consecuencia das decisións da Xunta.
Parque eólico da compañía enerxética presidida por Francisco Reynés (Foto: Naturgy).
Xustiza

Enésimo golpe xudicial á política eólica da Xunta: o TSXG suspende cautelarmente o parque Campo das Rosas

O proxecto, promovido por Naturgy, afectaría os concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cercedo-Cotobade. O auto non é firme, pois cabe presentar recurso.
Manifestación contra o espolio eólico este domingo en Ferrol. (Foto: Vento Mareiro)
SOCIAL

Veciñanza das cidades e do rural marcha xunta en Ferrol contra o “espolio eólico”

“Están a roubarnos un futuro verdadeiramente sustentábel e pretenden maquillar o seu espolio de burla verde”

O encoro de Velle, situado no concello de Ourense, liberando auga ao río Miño o día 4 de novembro. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
star
Análise

Recursos naturais e benestar social

Albino Prada é profesor da UVigo e investigador de Ecobas e membro do Consello Científico de Attac.
Protesta de Eólica Así Non diante do Parlamento da Galiza (Foto: Arxina).
star
Análise

Galiza, territorio a sacrificar

Afonso Eiré é xornalista.
Multitude de asociacións veciñais acudiron esta segunda feira á Cámara a protestar contra a Xunta da Galiza (Foto: Arxina).
POLÍTICA

Oposición e asociacións veciñais critican á Xunta polo "golpe lexislativo" do "interese público superior" para a eólica

O Parlamento da Galiza debateu esta segunda feira o proxecto de lei de acompañamento -de medidas fiscais e administrativas- aos orzamentos galegos de 2024, marcado pola declaración do "interese público superior" para os proxectos eólicos que pretende introducir o PP e polas protestas á mesma. O BNG e o PSdeG criticaron a normativa.
Unha muller pega un cartaz contra a invasión eólica en Meira, o 11 de decembro. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

'Eólica Así Non' chama a protestar no Parlamento contra o modelo eólico do PP e "as leis do capital"

A plataforma, integrada por ducias de colectivos ecoloxistas, sociais, culturais, de persoas afectadas, comunidades de montes e sindicatos, reclama un modelo eólico distinto do que promove a Xunta da Galiza.
Parque eólico na serra do Candán, entre as comarcas do Carballiño, Terra de Montes e Deza. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

O Goberno do Estado desestima os parques eólicos de Tramontana e Siroco promovidos por Greenalia

O Boletín Oficial do Estado publica este sábado as resolucións do Ministerio para a Transición Ecolóxica polas que denega as solicitudes da enerxética para os proxectos Siroco (Cerdedo-Cotobade e Forcarei) e Tramontana (Forcarei, Silleda, Cerdedo-Cotobade e Beariz).

'As mentiras do vento. O disparate eólico', por Bruno Centelles

Virginijus Sinkevičius, comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, durante o cume informal de ministros de Pesca da UE de xullo en Vigo. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
star
Análise

Do principio de precaución ao principio de demolición

Torcuato Teixeira é avogado especialista en Dereito Pesqueiro.