O Goberno español concede o permiso ambiental a un parque eólico en Triacastela, As Nogais e Becerreá

O 'Parque Levante' estará formado por 16 aeroxeradores
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense. (Fotos: Agostime / Europa Press).
photo_camera Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense. (Fotos: Agostime / Europa Press).

O Boletín Oficial do Estado (BOE) volveu recoller a Declaración de Imacto Ambiental nun parque eólico na Galiza.

Nesta ocasión trátase do 'Parque Levante', que estaría localizado nos termos municipais de Triacastela, Becerreá e As Nogais.

Segundo indica o BOE, o proxecto recolle a intención de instalar 19 aeroxeradores de 5,6MW de potencia, até sumar un total de 106,4 MW.

A enerxía alí xerada chegará desde a Subestación Eléctrica Transformadora (SET) e a través dunha liña de alta tensión de 49,1 quilómetros -a proposta inciial do proxecto era de 50,76- que decorrerá polos termos municipais de As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleiro e Pol nun trazado "maioritariamente aéreo", coa excepción dun tramo soterrado de 1.084 metros "debido ao cruzamento co Camiñoa de Santiago" até a SET Ventisca. 

Promovido por Greenalia Wind Power Levante SLU, no Consello de Administración desta enerxética senta a ex conselleira Beatriz Mato.

No Boletín Oficial do Estado, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Goberno español fala de "carencias" nos informes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta da Galiza no referente aos "impactos dalgúns aspectos da protección e conservación de especies e bens culturais".

Comentarios