Parques eólicos

Traballos para a instalación do parque eólico en Oribio. (Foto: Adega)
SOCIAL

O TSXG admite o recurso dunha eólica contra a Xunta no que lle reclama 46 millóns por autorizarlle un parque que anulou o Supremo

Fergo Galicia Vento esixe á Administración que a indemnice polos danos e prexuízos que entende que lle causou a anulación do proxecto do parque eólico Serra do Iribio, situado entre os concellos de Triacastela e Samos (Sarria)
Parque de eólica mariña promovido por Acciona. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Ecoloxistas piden dar máis peso a criterios ambientais e sociais nas poxas de enerxía eólica mariña

Propoñen cinco medidas para lograr a neutralidade climática “non máis tarde de 2040”

Polígono eólico en Abadín, na Terra Chá (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

O TSXG paraliza cautelarmente outro proxecto eólico de Greenalia recorrido por Adega

A resolución do auto xudicial deixa suspendida a executividade da resolución pola que se autoriza o proxecto eólico, emitida pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética o pasado 12 de abril de 2023.
Vacas repousan ao pé dunha fileira de muíños eólicos na Serra do Xistral, no municipio de Abadín, na comarca da Terra Cha (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Barreiros alega contra un eólico por proximidade a núcleos urbanos e afectación á gandaría

O polígono eólico Barreiros I afectaría a actividade gandeira da zona
Polígono eólico na Serra do Suído (Foto: N. B.).
SOCIAL

O TSXG recúa e anula a consulta ao tribunal europeo sobre os informes sectoriais dos eólicos

O alto tribunal galego expuña unha tripla cuestión prexudicial ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) para que determinase se a Xunta debera pór ao dispor do público interesado, e non só dos promotores, os informes sectoriais sobre os proxectos eólicos en trámite.
Polígono eólico na Serra do Suído (Foto: N. B.).
SOCIAL

Adega lanza unha campaña de recadación de fondos para paralizar o parque eólico Monte Xesteiros

A asociación ecoloxista procura os fondos necesarios a través da campaña de recadación solidaria 'Ti Podes Paralos' para frear o polígono eólico Monte Xesteiros, proxectado na Estrada (Terra de Montes).
Proxección dos aeroxeradores sobre as aldeas afectadas. (Imaxe: Xesteiras sen Eólicos)
SOCIAL

Veciñanza da Estrada, contra os eólicos do monte Xesteiras: "Tomamos un papel secundario fronte a intereses económicos"

"Fauna protexida, flora endémica e importantes bens patrimoniais como a Igrexa de Santa María de Frades sufrirán o seu impacto directo", alerta a veciñanza.
eólicos arxina
Medio Ambiente

200 plataformas e colectivos piden unha moratoria eólica: "Os monte son nosos, non dos mafiosos"

Coordinadora Eólica Así Non concentráronse esta quinta feira diante do Parlamento galego, coincidindo co debate de investidura, para reclamar unha moratoria na autorización de proxectos eólicos. Unha delegación da entidade presentou no rexistro da Cámara un decálogo coas súas reivindicacións "para un modelo enerxético xusto, sustentábel e ao servizo do pobo" galego.

Oración a san Veremundo

Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense. (Fotos: Agostime / Europa Press).
POLÍTICA

A Xunta recorrerá ante o Supremo a paralización doutros sete parques eólicos

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, avanzou que a Xunta "Non pode quedar de brazos cruzados" ante a última decisión do TSXG.
Parque eólico mariño fronte á costa de Viana do Castelo, en Portugal. (Foto: ISM)
star
ECONOMÍA

A frota ve inminente a aprobación dos polígonos de eólica mariña: "O oligopolio enerxético ten moito interese en comezar"

A Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños mobilízase hoxe en Burela (A Mariña) contra as “présas” do Goberno estatal e as enerxéticas para instalar polígonos de eólica mariña na costa galega. A Guarda (Baixo Miño), A Coruña ou Cedeira (Ferrolterra) foron xa escenarios da “precaución e salvagarda” que o sector demanda das institucións nesta problemática. O 25 de marzo rematou o prazo de alegacións ao Real Decreto do Ministerio. O sector pesqueiro augura que “non van tardar moito en responder ás alegacións porque o oligopolio enerxético ten moito interese en situar xa muíños no mar”.
O deputado do BNG e experto en materia enerxética Xosé Manuel Golpe. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Xosé Manuel Golpe (BNG): "Galiza, como produtora excedentaria, debería ter peaxes eléctricas máis económicas"

O BNG pon o foco no debate enerxético para este inicio de lexislatura. Esta mesma semana a formación rexistrou no Parlamento dúas proposicións de lei que perseguen dotar o país de maiores competencias para estabelecer unha tarifa eléctrica propia e constituír unha empresa pública de enerxía. 'Nós Diario' conversa co deputado Xosé Manuel Golpe (Irixoa, 1972), experto en enerxía, sobre estas iniciativas.
Aeroxeradores do parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, na comarca de Ourense. (Foto:
Agostime / Europa Press)
Xustiza

O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións de sete novos parques eólicos e os paralizados ascenden xa a 27

Dos 30 casos analizados, só en 27 rexeitou o alto tribunal galego aplicar as medidas cautelares.
Parque eólico de Greenalia en Monte Tourado, Vimianzo (Foto: Greenalia).
SOCIAL

O TSXG paraliza cautelarmente o parque eólico Monte da Croa a instancias de Adega

O TSXG cre que existen suficientes indicios que proban as deficiencias da avaliación ambiental do polígono eólico proxectado na Costa da Morte.
Parque eólico operativo en Esgos, na comarca de Ourense (Foto: Agostime / Europa Press).
ECONOMÍA

O sistema de produción de enerxía precisa unha "redistribución equitativa" das cargas

Unha investigación pide repartir as "externalidades positivas e negativas".
Aeroxerador da compañía EDP Renovables. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A Xunta dá luz verde ao parque eólico Alto Torreiro, en Cabana e Coristanco, e arquiva outros tres proxectos

Alto Torreiro prevé erguer dous aeroxeradores cunha potencia total autorizada duns 15 MW.
Polígono eólico na Serra do Suído (Foto: N. B.).
Xustiza

O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións outorgadas pola Xunta a tres parques eólicos: xa son unha vintena

Acordou a suspensión das autorizacións administrativa previa e de construción outorgadas pola Xunta para os proxectos dos parques eólicos Alto da Telleira (Covelo e A Cañiza), Troitomil (A Baña e Negreira) e Outeiro Grande (A Estrada e Forcarei).

O TSXG vén de rexeitar a solicitude de ampliación do parque eólico de Vilachá, localizado no paso entre a Terra Chá e A Mariña. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
Análise

Contra o activismo xudicial

Carlos Aymerich é profesor titular de Dereito Administrativo da UDC.
Un aeroxerador da compañía Norvento.
ECONOMÍA

A Xunta autoriza un novo parque eólico de Norvento, Marco, en Rois e Brión

O proxecto prevé situar seis aeroxeradores que sumarían unha potencia instalada de 24 MW.
Intervención de Manuel da Cal durante as xornadas organizadas pola AC O Galo. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

A economía galega e a loita contra o "rol colonial" do país, a debate en 'Nós Diario'

Este sábado agasallamos o caderno 'Situación e oportunidades da economía galega', que recompila as achegas de doce autores e autoras especializados en diferentes áreas económicas do país nas recentes xornadas organizadas pola Agrupación Cultural O Galo.