neoliberalismo

Globalização económico-lingüística

Neoliberalismo e morte das humanidades

O neoliberalismo que, con notábel éxito, teima en se estender polo mundo adiante, non está interesado nese conxunto de disciplinas que denominamos “humanidades”

Riahanna
SOCIAL

Unha tese estuda como a 'ofensiva neoliberal' chega en forma de vídeo musical

Quen son as persoas máis seguidas en Twitter? Cales son os valores que difunden entre a mocidade? Respondemos a estas preguntas con Jon E. Illescas autor da tese 'Industrias culturais e mocidade no sistema-mundo. O videoclip mainstream como mercadoría e reprodutor de ideoloxía'.

Capa
COMUNIDADE SERMOS

#sermos121: TTIP, o neoliberalismo sen control

Tratado de libre Comercio entre UE e EUA, referendo catalán, entrevistas a Chelo Martínez, Alberte Ramos... todo isto e máis neste 121. Xa na nosa loxa.

Xustiza social, soberanía e neoliberalismo

Rajoy, Montoro, De Guindos, e compañía, séntense fortes, optimistas, porque seica a economía vai medrar este ano no 1,2% do PIB, segundo o FMI, e o 1,6% no ano 2015; unha estimación esta última que o Goberno eleva ao 2%. 

beiras
POLÍTICA

Anova cuestiona a política neoliberal da UE namentres segue aberta a súa crise interna

A formación que lidera Xosé Manuel Beiras celebrou este 2 de febreiro a Conferencia Nacional en que abordou o seu programa para as eleccións europeas. Do acto só tomou parte a quinta parte da militancia: 200 d@s por volta de 1.200 integrantes.

Merkel
INTERNACIONAL

Merkel arrasa e non precisará do SPD para continuar co seu programa neoliberal

Non haberá grande coligación. Con resultados xa oficiais, se ben son preliminares, dado o complexo sistema eleitoral alemán, a CDU, e os seus aliados bávaros da CSU, obtiveron o 41,5% das papeletas. Un resultado histórico. O mellor dos democrata-cristianos desde 1990, a un paso da maioría absoluta. Merkel -que perde no Bundestag ao seu socio liberal, a FDP- ten marxe abondo para formar goberno sen os socialdemócratas.

Bandeiras EUA-UE
OPINIÓN

A UE e os EUA redixen xa un acordo de libre comercio que afonda no neoliberalismo

Arrincan as xuntanzas oficiais para confecionar unha alianza que esperta temores xa que pode crear un espazo dominado por un eixo entre Washington, Berlín e Londres aínda menos interesado en calquera tipo de cohesión económica e que igualaría a lexislación europea coa estadounidense.  

Centralismo desatado ao servizo da contra-reforma neoliberal

Estamos con clareza nunha fin de etapa. Os avances miudos no proceso de descentralización hai tempo que abriron paso a un acelerado proceso de recentralización competencial e territorial.  Unha recentralización intensa que é un presuposto necesario para a extensión do proxecto neoliberal.  No plano estatal e no europeo centralización, baleiramento dos espazos de control democrático e políticas neoliberais van unidos como pezas dun mesmo puzzle.  A economía posta ao servizo das grandes corporacións e das entidades financeiras precisa ter baixo control centralizado os ámbitos de decisión sobre os que incidir e limitar a existencia de versos soltos. No sector bancario, comercial, sanitario, enerxético, vemos como a garantía da posición das grandes corporacións esixe suprimir calquera ámbito de decisión política autónoma que poida trazar modelos diferenciados que resten espazo ao seu control. A loita dos horarios comerciais de Euskadi; o concurso eólico do bipartito; a poxa farmacéutica de Andalucía; o intento de supervivencia dun sistema de caixas territorial, son todas incómodas mostras de como o autogoberno é combatido con crueza para garantir o control oligopólico dos recursos.

Folga Euskal Herria
INTERNACIONAL

Euskal Herria vivirá o 30 de maio a súa cuarta folga xeral nos últimos catro anos

A maioría sindical vasca, que pivota nas centrais nacionalistas ELA e LAB, e 50 colectivos sociais convocarán un paro de 24 horas, o cuarto que se fai nese país nos últimos catro anos

José Luis Sampedro
INTERNACIONAL

Finou José Luis Sampedro, o pensador vitalista contra a barbarie do capitalismo

O economista, escritor e ensaísta José Luis Sampedro (Barcelona, 1917) finou en Madrid aos 96 anos. Gostaba da palabra 'humanista' para se definir e para reivindicar un estadio antagonista do capitalismo salvaxe, ao que sempre combateu. Foi, tamén, 'escritor galego universal' e defendeu o dereito de autodeterminación para os pobos do estado español

 

SOCIAL

Stop-desafiuzamentos A Coruña: "Estamos a aturar unha ideoloxía neoliberal e opusdeísta"

A plataforma quéixase da actitude da familia Pereira, propietaria do edificio en que mora Aurelia Rey. O avogado, fillo da dona da casa, non se atopa na cidade estes días. Aínda sabendo que o desafiuzamento de Aurelia estaba marcado para a segunda feira, día 18, marchou a Roma para asistir aos actos de despedida do papa Bento XVI
Jerónimo De Sousa, secretario geral do PCP
Lusofonia

PCP e Bloco de Esquerda contra a política neoliberal

O Partido Comunista Português e o Bloco de Esquerda apresentaram moções de censura contra o governo luso e o pacto de agressão.
Venezuela. Xuizo contra programa neoliberal da dereita eleccións 7 de outubro de 2012
Mundo

Venezuela xulga o ''paquetazo neoliberal'' que a dereita presenta ás eleccións do 7 de outubro

Nun xuízo simbólico, o pobo bolivariano levou até o banco d@s acusad@s o programa electoral do candidato Henrique Capriles, que fala de máis impostos e menos orzamento para políticas sociais. As medidas lembran aqueloutras aprobadas en 1989 e que deron lugar ao 'Caracazo', unha maré de revoltas populares que se saldaron con centros de persoas mortas
Mundo

Toussaint: ''Falta un movemento europeo contra a ofensiva brutal neoliberal''

Analizamos a actual situación económica, cales son os seus responsábeis e as posíbeis solucións con Eric Toussaint, politólogo, presidente do Comité para a Anulación da Débeda do Terceiro Mundo, e membro do consello científico de Attac Francia

O golpe neoliberal, estrangulamento económico e empobrecemento masivo

65.000 millóns de euros en recortes adicionais en 30 meses, 2,5% do PIB anual, 400.000 empregos menos. Estas serían, traducidas, as cifras grosas do anunciado por Rajoy no Congreso. Unha caída xeneralizada da capacidade de compra e do nivel de vida da poboación, levando ao estremo de privación as rendas modestas, parados, pensionistas e dependentes.
Foro de Sao Paulo
INTERNACIONAL

Lula a Chávez: 'somos alternativa vitoriosa ao neoliberalismo'

No encerramento da XVIII edição do Foro de São Paulo, em Caracas, vídeo enviado pelo ex-presidente brasileiro Luiz Inácio Lula da Silva defende políticas de esquerda reais
POLÍTICA

Catro organizacións expoñen as súas 'alternativas ao neoliberalismo' nunha xornada do MpB

O acto realizarse o mércores 23 de maio na Facultade de Económicas de Compostela