Catro organizacións expoñen as súas 'alternativas ao neoliberalismo' nunha xornada do MpB

O acto realizarse o mércores 23 de maio na Facultade de Económicas de Compostela

O vindeiro mércores 23 de maio terá lugar unha mesa redonda organizada polo Movemento pola Base (MpB) na Facultade de Económicas baixo o título ‘Alternativas á crise do neoliberalismo’ na Galiza. O acto contrá coa presenza de Mariano Abalo (FPG), Xoán Bascuas (+G), Luís Eyré (Encontro Irmandiño) e Rafa do Pico (MpB) e terá lugar na aula 7 da Facultade de Económicas da USC ás 18.30.

 Para MpB, “asistimos nestes momentos, mediante as políticas deseñadas por Feijoo e por Rajoy, a unha radicalización das políticas neoliberais. O recorte de dereitos sociais e nacionais, a ofensiva contra as pensións ou os recortes en materias tan sensíbeis como a sanidade ou a educación fan parte dunha ofensiva nunca vista dende os tempos do franquismo”.

A organización soberanista sinla, alén diso, que “nun momento de recomposición do campo nacionalista, vimos positivo reactivar este debate, para situar as discrepancias e as coincidencias dentro dun mapa máis xeral, o da propia crise capitalista, que alén de atravesar as nosas vidas fai que teñamos que meditar e pensar no futuro entendendo que o camiño que tomemos hoxe será determinante para ver a posición na que nos situaremos nos próximos anos”.

Comentarios