narración oral

Natividade González, Miriam Louzao e Soledad Felloza.
CULTURA

O Festival Atlántica reivindica a narración oral como disciplina artística

A primeira semana de xullo Atlántica vaise desenvolver en 25 concellos de toda Galiza e consolídase en Portugal con 5 sedes. Máis de 90 funcións de 45 propostas escénicas diferentes desenvolvidas por 50 artistas procedentes de Brasil, Xapón, Portugal, Italia, Cuba, Salamanca, Zamora e a Galiza. Descentralizado, transfronteirizo, multiformato e integrador: Atlántica 2024 renova o seu compromiso co territorio e a súa xente.

'Tres vellas na romaría', con Guti, Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín.
CULTURA

O Sete Falares volverá encher Pontevedra de historias

Rodolfo Castro, narrador arxentino que se define como "o peor contador de historias do mundo", será un dos principais atractivos da programación.

"Se queres..."

Paula Carballeira. (Foto: Arxina)
star
CULTURA

Contar historias para conservar a memoria no Día da Narración Oral

O 20 de marzo conmemórase o Día Mundial da Narración Oral, unha data que non só celebra un xénero creativo, senón tamén unha forma de salvagardar a memoria colectiva, de conservar a identidade dun pobo e de enriquecer a lingua. Mañá, o sector reivindicará a súa arte a través de actividades organizadas ao longo de todo o país.
A innovadora compañía Kine Circus, de Etiopía, traerá o seu espectáculo 'Greed' a Vilagarcía.
star
CULTURA

Circo, humor e maxia toman as rúas de Vilagarcía

O grande encontro co circo comeza hoxe en Vilagarcía de Arousa. O Festaclown segue mantendo, malia un apoio moi morno das administracións, o seu lugar como escaparate das novas tendencias nas artes circenses, na Galiza e fóra dela. E segue mesturando o humor coas preocupacións sociais coas que estivo comprometido desde os seus comezos.

Leo Bassi presentará '70' no Festaclown.
CULTURA

O Festaclown encherá Vilagarcía de humor, circo e maxia

Acollerá 23 espectáculos do 10 ao 15 de agosto.
AldaoLadoestarán presentes na 'brindadeira' da Pobra do Brollón.
CULTURA

I Festival de improvisación oral na Pobra do Brollón

No festival Brindadeira participarán improvisadoras de brindo e regueifa de toda a Galiza e mais da tradición vasca de bertso.

Celso Sanmartín contando en Ribeira o 6 de xullo.
CULTURA

Unha ducia de espectáculos fechan o festival Atlántica

Por primeira vez na súa historia, Atlántica levará un espectáculo a Portugal, concretamente a Pitões das Júnias.
Anxo Lourenzo, Soledad Felloza e Xurxo Couto na presentación de Atlántica, onte.
CULTURA

O festival Atlántica amplía fronteiras

O Festival Atlántica vén de anunciar o programa completo da súa undécima edición, que se vai celebrar entre o 1 e o 9 de xullo.
Presentación do festival onte en Santiago de Compostela. (Foto: Festival Atlántica)
CULTURA

A XI edición do festival Atlántica amplía fronteiras

24 sedes acollerán a representación de 42 espectáculos.
Quico Cadaval. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O festival Sete Falares leva a antiga igrexa de Santa Clara a narración oral

O programa inclúe un roteiro por lugares emblemáticos de Pontevedra.
Quico Cadaval nunha edición anterior do Festival Atlántica.
CULTURA

Quico Cadaval e Carolina Rueda preludian o festival Atlántica

A colombiana Carolina Rueda e o galego Quico Cadaval actuarán no Salón Teatro de Santiago esta terza feira 18 de abril ás 20 horas.
Quico Cadaval.
CULTURA

O Festival Atlántica celebra o Día da Narración Oral

As actividades desenvolveranse ao redor do 20 de marzo e nelas participan tamén -nas cidades correspondentes- Sete Falares, Falando a Boca Chea e integrantes de NOGA, a asociación de profesionais da Narración Oral de Galiza.
A escritora e intérprete Paula Carballeira afonda na transmisión oral, mitos e contos. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Paula Carballeira: "Se a nosa cultura sobreviviu tantos séculos é porque se deu valor á memoria, ao que somos"

Paula Carballeira, escritora, intérprete e actriz, conversa con 'Nós Diario' sobre  'Facer memoria', un proxecto que desenvolve desde a compañía Berrobambán e que remata nun espectáculo entre o escénico e o experiencial. Carballeira fala da transmisión oral, dos mitos e contos de medo que explican a humanidade e, en definitiva, como ela di, "de dar valor a cousas que, se non se expresan, se perden".
Ángeles Goás
Axenda

Ángeles Goás e Felipe Díaz: Costureiras

Lembranzas da infancia e historias de vida das mulleres
Celso F. Sanmartín vén de recibir o Premio Rebulir.
Contracultura

Celso Fernandez Sanmartín: "A cultura popular galega dispón dun abraiante depósito de realismo máxico que hai que contar"

Celso Fernández Sanmartín é un dos mellores narradores orais do país. O seu repertorio xorde dos seus encontros coas persoas maiores, ás que escoita relatos que sintetizan toda unha cultura, unha forma de ver a vida. Agora vén de recibir o Premio Rebulir na categoría de Artes Escénicas.  

Soledad Felloza, abaixo á esquerda, con membros institucionais (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Atlántica fai dez anos como referente da narración oral

O Festival Atlántica de narración oral anuncia o seu programa e que levará os contos de 42 artistas a 24 concellos galegos. 
Xacobe Rodríguez e Carme da Silva, durante a presentación (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Pontevedra incorpora Santa Clara ao Día Internacional da Narración Oral

O Concello presentou o seu programa dedicada á Narración Oral para o 20 de marzo. Actuarán, entre outras voces, Candido Pazó, Quico Cadaval e Raquel Queizás. 
EuropaPress_3782302_presentacion_ix_edicion_festival_internacional_narracion_oral_atlantica
Nova edición do Sete Falares en Pontevedra do 18 ao 27 de xuño

O Festival Atlántica leva a narración oral a 27 concellos cun total de 35 artistas

O verán chega a Galiza cargado de narración oral. Desde o 18 até o 27 de xuño decorre en Pontevedra o Sete Falares, e no mes de xullo chegará a 27 concellos o Festival Internacional Atlántica que dirixe a contadora Soledad Felloza.

Puro teatro