mariñeiros

Una imaxe de arquivo da embarcación accidentada. (Foto: Luis Fernández / Vessel Finder) #sempregüeto #pesqueiro #naufraxio #cedeira #mariñeiros
SOCIAL

O naufraxio do 'Sempre Güeto' en Cedeira deixa dous mariñeiros mortos

O tripulante do pesqueiro que se atopaba en estado crítico faleceu segundo a información facilitada polo 112. As equipas de emerxencia seguían a traballar na zona do accidente malia o mal estado do mar até que un dos buques que colaboraba no operativo deu co corpo do desaparecido.
Imaxe de arquivo dun pesqueiro galego. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Sans e salvos os tres mariñeiros desaparecidos en Carnota

Durante a tarde do sábado os servizos de Salvamento Marítimo buscaron tres mariñeiros desaparecidos logo de saíren a faenar na costa de Carnota. Os traballadores botaron máis de 24 horas sen dar noticias, o que alertou as familias, e finalmente foron rescatados en bo estado de saúde.
Punto de vacinación en Vigo (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A vacinación dos menores de 59 comezará para a semana

Sanidade quere rematar a vindeira semana a vacinación das persoas maiores de 60 anos e comezar coa inmunización das galegas e galegos de 59 anos cara a abaixo.
Rosa Quintana foi vacinada na Cidade da Cultura (Imaxe: Xunta da Galiza)
SOCIAL

Rosa Quintana, a primeira conselleira que recibe a vacina da Covid

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, é a primeira integrante do Executivo galego en recibir a vacina da Covid. En concreto, foi inoculada co fármaco de AstraZeneca, que lle corresponde por idade. A responsábel da política pesqueira, que superou a enfermidade hai uns meses, exixiu a vacinación do colectivo de mariñeiros.

Imaxe de arquivo do porto de Celeiro. (Foto: Turismo da Galiza)
SOCIAL

Morre pola Covid-19 un mariñeiro que tivo que ser evacuado en helicóptero

Tres dos seus compañeiros xa están ingresados no hospital da Mariña mentres que outros 11 membros da tripulación do Sempre Antares cumpren coa corentena.
Foto Porto de Celeiro.
Este 14D faise o 40 aniversario

A folga do mar de 1978 en Celeiro, o legado de 77 días de mobilización mariñeira

Foron setenta e seis días e setenta e seis noites nos que o mar parou en Celeiro. Arredor de catrocentos mariñeiros, as tripulacións de máis de dezaoito embarcacións e un nacente sindicalismo que se abría paso fronte á hostilidade do poder e doutras organizacións de clase de máis tradición, puxeron en cuestión o modelo de relacións laborais do mar no Cantábrico galego.

Toca ser labregos ou toca ser mariñeiros?

Otero, Rama, Lores e Paz, en Noia
SOCIAL

“Noruega levaba man de obra barata e Franco recibía as divisas”

Os mariñeiros galegos emigrados en Noruega hai trinta anos volven a Oslo para un xuízo contra o Estado que lles nega as súas pensións. Deben esgotar a vía xudicial naquel país antes de recorrer ao Tribunal de Estrasburgo para denunciar a vulneración dos convenios europeos.

cerco, Galizacontrainfo
SOCIAL

Dezaseis mariñeiros do cerco afrontan 48 anos de prisión por un protesto en Vigo no 2014

A Fiscalía responsabilízaos de desordes públicas e enfrontamentos coa policía durante unha manifestación na defensa dun reparto xusto para a frota galega das cotas de xarda e xurelo

barcos 2
A ASOCIACIóN PRESENTA RECURSO SOBRE O REPARTO DE COTAS ANTE A UE

José Blanco (Acerga): “Trátannos como contrabandistas e somos mariñeiros”

Un reparto de cotas que non dá para vivir e o desleixo da Xunta de Galiza e do Goberno central son as principais denuncias da Asociación Galega de Armadores do Cerco (Acerga), que vén de recibir unha notificación do Tribunal Xeral da UE confirmando a presentación do recurso presentado días atrás contra o principio de estabilidade relativa que provoca o reparto de cotas actual. Falamos co presidente dos armadores, José Blanco.

cerco carballo feijoo
POLÍTICA

Mariñeiros do cerco apupan Feijóo en Carballo: “Non nos representas, non es galego nin nada”

Agardaron polo presidente ás portas do local onde ía participar nun mitin do PP. O mandatario atendeunos uns minutos antes de entrar. O sector leva meses a reivindicar un “reparto xusto” das cotas. Vídeo no Interior

POLÍTICA

En Marea esixe solucións para os mariñeiros de Long Hope

Cerco 2
NA ACAMPADA DE SAN CAETANO

Os mariñeiros do cerco: “Róubannos! Isto é como a estafa das preferentes”

Fanse oito días desde que os mariñeiros do cerco decidiron cambiar os aparellos polas tendas de campaña. Asentados diante do edificio da Xunta en San Caetano, “o que os nosos fillos chaman o castelo da bruxa, por Rosa Quintana”, aseguran que continuarán coa protesta “até rompermos o reparto”.

Long Hope
SOCIAL

O Estado español non demandará a Noruega polo conflito dos mariñeiros da Mercante

Non presentará denuncia perante o Tribunal europeo de Dereitos Humanos como reclamaban desde o colectivo Long Hope.

TRABALLO

Mariñeiros galegos en Noruega reclaman que se denuncie o país no TEDH

Máis dun cento de persoas exixiron que a Xunta defenda o seu dereito a percibiren as pensións. 

Mariñeiros do cerco non se renden!
TRABALLO

Mariñeiros do cerco non se renden!

Imaxes do conflito da frota co cerco. Os mariñeiros exixen á Xunta de Galiza e o Goberno español que lles deixe "ir ao mar" para "poder traballar". [CC BY - NC - SA GZ VIDEOS]

O búnquer de Feijóo reprime os mariñeiros

O PP ten un problema: as súas políticas son contrarias aos intereses das maiorías sociais

naufraxio
Sociedade

Continúa a procura dos mariñeiros desaparecidos

O pesqueiro Santa Ana, de bandeira portuguesa e armador de Muros, naufragou ao embarrancar na illa de Erbosa, en augas asturianas, face o Cabo Peñas. 

Protesto dos mariñeiros do cerco en Vigo
TRABALLO

Protesto dos mariñeiros do cerco en Vigo

Mobilización da frota do cerco en Vigo [GZ-Vídeos]
Foto:@ErnestoIIkermn
ECONOMÍA

O cerco galego retoma os protestos ante o ''engano'' de Madrid e Xunta nas cotas

Varios centos marcharon en manifestación por Vigo despois dun mencer no que se cortaron os accesos ao porto e houbo pequenas barricadas nalgúns puntos. A indignación con Ministerio de Pesca e Consellaría de Mar é máxima. ''Esas cotas son a nosa ruína''. A Policía detivo a 3 mariñeiros. As cargas dos anti-disturbios feriron a 2 persoas.