Continúa a procura dos mariñeiros desaparecidos

O pesqueiro Santa Ana, de bandeira portuguesa e armador de Muros, naufragou ao embarrancar na illa de Erbosa, en augas asturianas, face o Cabo Peñas. 

naufraxio
photo_camera Imaxes da zona do naufraxio


O naufraxio, que se rexistou na madrugada da segunda feira, saldouse até agora con dúas vítimas mortais. Son, segundo a axencia Europa Press, o mariñeiro galego Manuel Mayo Brea, de Muros, e o portugués Francisco Gomes Fragateiro. Esta mesma tarde, foilles practicada a autopsia.

Os mergulladores reataron as tarefas de procura do resto da tripulación -seis mariñeiros desaparecidos, dous deles galegos- esta terza feira. "O barco está nunha posición totalmente vertical e o mar bate moi forte, os amarres están ceibos e é unha trampa para aqueles que acoden ao resgate", dixo o conselleiro de Presidencia asturiano a respeito da parálise da pescuda na noite de onte.

Da tripulación só puido ser resgatado con vida o técnico de pesca do buque, o galego Manuel Simal, que se acha en observación no Hospital San Agustín de Avilés após sofrer unha hipotermia.

Máis en Sociedade
Comentarios