O cerco retoma os protestos ante o ''engano'' de Madrid e Xunta nas cotas de xarda e xurelo

Varios centos marcharon en manifestación por Vigo despois dun mencer no que se cortaron os accesos ao porto e houbo pequenas barricadas nalgúns puntos. A indignación con Ministerio de Pesca e Consellaría de Mar é máxima. ''Esas cotas son a nosa ruína''. A Policía detivo a 3 mariñeiros. As cargas dos anti-disturbios feriron a 2 persoas.

Foto:@ErnestoIIkermn
photo_camera @ErnestoIIkermn

 O sector do cerco galego (154 barcos, 1.500 mariñeiros e 5.000 empregos indirectos) volveu estoupar farta, di, de promesas incumpridas e enganos. Centos de mariñeiros de diferentes portos galegos reuníronse en Vigo, onde cortarono tráfico de entrada e saída no porto do Berbés e marcharon en manifestación para acabar diante da sede da Xunta na cidade. Tamén queimaron neumáticos e contentores nalgúns puntos da zona portuaria. Dotacións de anti-disturbios desprazáronse de inmediato até a zona. 

A policía detivo a 3 mariñeiros, aos cales trasladou a Comisaría. Os seus compañeiros cocnentráronse entón na zona do porto para demandar a súa liberación. Houbo cargas dos anti-disturbios contra os cercqueiros que deixaron un saldo de dous mariñeiros feridos.

"O que nos ofrece (o Ministerio de Pesca co reparto de cotas) é unha pouca merda", afirma un mariñeiro que toma parte no protesto

Desta vez a pinga dos protestos foi unha notificación da Secretaria Xeral de Pesca do Ministerio instando a colectivos de armadores e federacións de confrarías a que lle notificasen que barcos ían xestionar a súa cota de xarda e xurelo de forma individual e cales en conxunto. E saltou a faísca ao entender o sector que aquilo era un ultimato. Máxime após os protestos e mobilizacións contra esas cotas que protagonizou hai unhas semanas a frota galega.

Ruína

O sector cerqueiro galego rexeita de fronte o reparto fixado en Madrid para xarda e xurelo por entender quer discrimina a Galiza. “De se aplicar tal e como está, dun só plumazo vai acabar coa metade da nosa frota” afirmaba hai unha semanas Andrés García, patrón maior de Sada e representante da Asemblea de cerqueiros. Aliás, acusan á Consellería de Mar de desleixo e de non defender os intereses e necesidades de Galiza.

O BNG solicita con carácter urxente a comparecencia do secretario xeral de Pesca para dar explicacións

Un mariñeiro que tomou parte nos protestos desta quinta feira manifestou na Cadena Ser que “o que nos dá (o Ministerio) é unha pouca merda, con eses cupos non se pode facer nada”.

Os mariñeiros galegos exixen reparto por número de barcos e tripulantes e non en base a cupos históricos (que benefician a Euskal Herria).

Exixencia de explicacións

O BNG xa solicitou con carácter urxente a comparecencia do secretario xeral de Pesca "pola postura inflexíbel do Ministerio en relación ás demandas do sector de cerco galego sobre a distribución das cotas de xarda e xurelo"

A deputada Davila reprocha ao Ministerio que “xogue co sector" e considera, en concordancia co sector, que “se trata dun auténtico ultimátum por parte deo Ministerio” e critica o “talante unilateral que soliviantou a grande parte do sector de cerco galego”.

Comentarios