SOCIAL
Mariñeiros do 'Argos Georgia' pasan 20 horas en balsas até ser salvados
24/xul./24
14 superviventes e nove falecidos no naufraxio do palangreiro Argos Georgia chegaron na tarde desta cuarta feira a porto Stanley, o único existente nas illas Malvinas, fronte á costa arxentina. Esta cuarta feira pola noite continuaban desaparecidos outros catro mariñeiros que facían parte da tripulación da embarcación sinistrada, mentres que anterioremente, Malvinas suspendeu as tarefas de rescate polas dificultades meteorolóxicas.