A flota galega do cerco en pé de guerra contra as cotas negociadas en Madrid

Armadores e mariñeiros denuncian a 'discriminación' no reparto das cotas de rincha e xurelo fronte outros territorios. O BNG pide á conselleira Rosa Quintana que ''de a cara'' ante Madrid.

O reparto de cotas de especies peláxicas (principalmente xurelo e rincha -ou xarda-) feito na negociación encabezada polo Ministerio non gosta nada no sector do cerco galego. Armadores e mariñeiros consideran que Galiza saíu claramente discriminada deste reparto, no que se priman criterios que favorecen e benefician a outros territorios. Unha situación que prexudica a varios centos de mariñeiros galegos. Tamén desde a oposición, nomeadamente o BNG, vén de denunciarse este reparto, exixíndolle á conselleira do Mar Rosa Quintana que faga fronte “a Madrid” e defenda dos intereses galegos.

A fronte nacionalista lembra que na primeira negociación aos 254 barcos cerqueiros galegos t”ócalle no reparto directo un 24,8% da cota da xarda, case o mesmo que a flota de Cantábria, entre ambas non suman o 50%  da flota vasca  que con  53 embarcacións de cerco acapara a maior parte da cota. Unha flota,  que ao contrario da galega, pode compatibilizar a súa actividade con outros recursos durante todo o ano: costeira do bonito, bocareu, etc... converténdoa nunha flota industrial  cunha altísima rendibilidade mentres a galega vese  abocada á “roubeta”.

Criterios sociais e económicos

Na segunda parte da negociación,engade o deputado nacionalista Daniel Rodas,  é de “vergoña” que se admita “que  teñan unha maior porcentaxe os datos históricos” que os económicos e sociais, pois  “con este criterio”, a flota galega  sometida a regulación e que non puido pescala “o esgotar as capturas antes de que a especie chegase as nosas costas, sae “trasquilada”,.

Para Rodas, os criterios que deberían de presidir a adopción de decisións de reparto de cotas  debería pasar polo número de tripulantes, os GTS ou a calificación que ten Galiza de  zona altamente dependente da pesca.

Máis en OPINIÓN
Comentarios