En Marea esixe solucións para os mariñeiros de Long Hope

As candidatas de En Marea cos mariñeiros de Long Hope
photo_camera As candidatas de En Marea cos mariñeiros de Long Hope

Alexandra Fernández, que acudiu á reunión coa número dous da candidatura, Ángela Rodríguez, e co parlamentar de AGE Antón Sánchez, comprometeuse cos mariñeiros xubilados a que as súas demandas sexan atendidas. “Nin o goberno central do PP nin o da Xunta están a defender como era a súa obriga este colectivo tan numeroso de traballadores do mar. Teremos que facelo nós”, defende nun comunicado de prensa.

A número dous de En Marea por Pontevedra, Ángela Rodríguez, puxo de manifesto que lle resulta “inadmisíbel” que o goberno noruegués “se acolla a unha lagoa legal para non atender uns mariñeiros que pagaron impostos a empresas norueguesas durante anos”.

Comentarios