Saúde
Un 'vaper' con sabor a cancro fronte aos 'influencers' que incitan a mocidade a consumir tabaco
03/xul./23
A AECC lanza unha campaña para previr o consumo de produtos derivados do tabaco en todas as súas formas, tamén no caso dos 'vapeadores', e alerta dunha "estratexia clara por parte da industria do tabaco por acceder aos mozos" a través de contidos dixitais e promocións con persoeiros de referencia en redes para a mocidade.
SOCIAL
30% das alumnas da UVigo reciben imaxes sexuais non desexadas
27/feb./23
Un estudo realizado pola Uvigo certifica que arredor de 30% das súas estudantes reciben imaxes sexuais non desexadas a través da rede social Instagram.
SOCIAL
"Intentan silenciarnos". A Mocidade Pola Independência denuncia o fechamento da súa conta en Instagram
09/feb./23
A MpI xa anunciou a creación dunha nova conta na rede social.
SOCIAL
Novidades en Instagram: que son e para que serven as notas?
05/feb./23
As notas poden revolucionar a forma en que se comunican os internautas desta rede social.
SOCIAL
Por que a rede social Instagram está a eliminar millares de contas?
31/out./22
Contas de persoas usuarias en todo o mundo están a ser suspendidas ou eliminadas por parte de Meta, empresa dona de múltiples redes sociais, entre elas, Instagram.
SOCIAL
O xuízo do caso Samuel, pendente dos EUA
03/xan./22
O xulgado pediu as mensaxes dos acusados en WhatsApp e Instagram poucas horas despois da súa detención, porén, a Xustiza dos Estados Unidos aínda non decidiu sobre a solicitude.
star
Reportaxes
Instagram eclosiona en galego
22/out./21
Instagram eríxese como unha das redes sociais máis exitosas e con grandes potencialidades para transmitir contidos de diversos ámbitos. Cun crecemento expoñencial nos últimos anos, moitas persoas aproveitan para dar a coñecer as súas paixóns e ofrecer coñecemento. Na Galiza consolídanse proxectos que teñen en común a querenza pola lingua e a necesidade de falar con proximidade e paixón de libros, arte, historia, cinema… Existe un gran talento e hoxe damos a coñecer as contas de @surfeandolibros, @littera_lupa, @libroscontos, @oarquivodastrasnas, @mulleresgalegas, @pingando.gal e @aspaxinasdesara.
CULTURA
Sermos Galiza afonda na crise cultural da cidade de Ourense
21/out./21
O novo número do semanario, que estará na rúa este sábado xunto co 'Nós Diario', inclúe unha entrevista ao creador Xosé María Álvarez Cáccamo. Aliás, debulla aquelas contas de Instagram que están a triunfar co galego por bandeira. Non esquezas comprar o teu exemplar!
SOCIAL
Facebook, whatsapp e instagram volven funcionar após 6 horas de interrupción
05/out./21
Unha investigación no Congreso dos Estados Unidos e unha forte baixa na Bolsa completan os problemas da compañía.
SOCIAL
Caída global de Whatsapp, Instagram e Facebook
04/out./21
A páxina de detección de erros de DownDetector rexistrou miles de queixas de usuarios de diferentes países en poucos minutos.
LINGUA
Cristina López: “A xente nova pode ser a chave para que se tome conciencia da importancia do galego”
10/set./21
Cristina López puxo en marcha “A Fala da Avoa” en Instagram e Twitter co obxectivo de recompilar os refráns e ditos populares da Galiza. Nesta iniciativa pódense ler moitas das frases feitas que as nosas devanceiras empregaban de maneira cotiá para falar do día a día, e que hoxe están recollidos en recompilacións como as de Xesús Ferro Rubial e Federuci Zamora Mosquera, entre outros. Ademais, Cristina López acompaña os ditos con fotografía de diferentes paisaxes naturais e arquitectónicas da Galiza.
SOCIAL
Raquel Fernández: “É importante que poidamos ter referentes galegas, non só homes ou mulleres de fóra"
31/ago./21
Raquel Fernández é a graduada en Historia que deu comezo á conta de Instagram @mulleresgalegas como unha ferramenta para organizar as súas investigacións persoais sobre distintas mulleres da Galiza, e acabou por convertela nun proxecto de divulgación para dar a coñecer o labor silencioso de moitas destas mulleres que axudaron a construír o país e a nosa identidade nacional. O seu obxectivo é saldar esa débeda que a sociedade contraeu coas nosas devanceiras para que reciban o seu recoñecemento.
SOCIAL
Candela Vidal: "É necesario un servizo público de saúde mental que sexa forte e poida atendernos a todas"
16/ago./21
Candela Vidal é unha estudante galega de Psicoloxía que acaba de crear unha conta de Instagram, baixo o nome de @psico_critica, para divulgar coñecemento relacionado co eido da psicoloxía e coa saúde mental. O seu obxectivo é duplo: divulgar e dar saída as súas reflexións persoais. Polo de agora xa elaborou dúas publicacións sobre a chantaxe do medo e a perda ambigua. Os seus textos son extensos e didácticos, cun deseño estético moi coidado, e axudan a entender mellor a importancia da saúde mental.
CULTURA
Iris Gestoso: "Falo galego porque é como mellor expreso a miña personalidade, non sería eu se o fixese en castelán"
03/ago./21
Iris Gestoso é unha maquilladora artística que sobe tutoriais ás redes. Os seus vídeos, que se poden ver nas súas contas de Tik Tok e Instagram, reciben moi boas críticas por parte das súas seguidoras, aínda que tamén son obxecto de debate polas persoas que pensan que debería subir o seu contido en castelán para poder chegar a máis xente. Ela, con naturalidade e contundencia, responde a todos estes comentarios coa mesma resposta: fala en galego porque é a súa lingua e ninguén lle vai dicir como falar.
Caderno de Verán
Rubén Riós: "Son un anarquista na nova serie da RTP"
06/ago./20
Rubén Rodríguez (Riós, 1980), coñecido como Rubén Riós, embarcouse no confinamento na realización de directos en Facebook e Instagram conseguindo unha notable audiencia. Un cento de vídeos despois pensa seguir con esta actividade no tempo que lle deixen a rodaxe da serie 'Vento Norte', da televisión portuguesa, na que interpreta un anarquista español en 1918, e a preparación da súa primeira longametraxe.
Cultura
#Querémolo: acreditar o CELGA fóra da Galiza
29/maio/20
Unha campaña de Instagram pide exames "máis alá da Ponferrada"
INTERNACIONAL
Twitter e Facebook fechan 359 contas falsas vinculadas ao PP por “manipulación” durante as eleccións
21/set./19
O PP nega calquera conexión cos perfís falsos que empezaron a emitir contidos semanas antes das votacións do 28A.