Meta deseñou aplicacións como Facebook e Instagram para xerar adicción ás crianzas

Demanda de 33 Estados estadounidenses.
O fundador e presidente de Meta, Mark Zuckerberg, en setembro. (Foto: Andrej Sokolow / DPA)
photo_camera O fundador e presidente de Meta, Mark Zuckerberg, en setembro. (Foto: Andrej Sokolow / DPA)

Varios medios estadounidenses publicaron na madrugada desta segunda feira o contido da denuncia das e dos fiscais xerais de 33 Estados estadounidenses contra Meta, a empresa propietaria de Facebook ou Instagram, que tería elaborado “deliberadamente” as súas aplicacións “para enganchar as crianzas”, algo do que era consciente, sostén a axencia AP.

Persoas traballadoras admitiron en documentos internos que o deseño dos produtos ía dirixido a explotar a psicoloxía das persoas máis novas, como o comportamento impulsivo ou a susceptibilidade á presión social.

Outros testemuños internos revelan a alta popularidade das aplicacións entre crianzas de menos de 13 anos, que en teoría teñen prohibido o seu uso segundo as propias políticas de Meta. Un executivo de seguridade da compañía chegou a sinalar que as medidas máis estritas contra as persoas usuarias máis novas afectarían o negocio.

Incluso após detectar contas de crianzas, apenas unha fracción foi eliminada, e a demanda defende que até 2,5 millóns de contas nestas plataformas estaría pendente dalgunha actuación por parte da compañía.

Comentarios