O lume queimou nunha semana a mesma superficie que nos últimos catro anos
"Nos lumes o Estado ten responsabilidades"
Antón Gómez-Reino usa ben máis o “nós” do que o “eu”. Ese “nós” é inequivocamente plural e reférese a En Marea -a confluencia pola que é parlamentar no Congreso- e a Podemos, a formación morada da que é un dos máis destacados referentes na Galiza. Nesta entrevista debullamos a iniciativa de reforma da lei de montes que Gómez-Reino apresentou no Parlamento estatal e analisamos a actualidade política. Alerta sobre a furia recentralizadora en curso no Estado e dubida que exista a correlación de forzas precisa para unha reforma “positiva” da Constitución de 1978. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 273.
A urxente necesidade doutro monte
O abandono, a mala ordenación do territorio, o monocultivo de especies de alta combustibilidade e os cambios no clima son unha “combinación explosiva”. A gasolina que alimenta as vagas de incendios. Así o considera Alberte Blanco, ex director xeral de Montes no bipartito, e coordinador do libro colectivo O monte galego. Caos ou aproveitamento multinacional?, editado por Sermos Galiza.
BNG alerta de que a instalación na Galiza dunha pasteira lusa eucaliptizaría aínda máis o país
"Todo indica que imos a unha eucaliptización máis dura da que hai agora de se confirmar que a pasteira lusa Navigator Company [antiga Portucel] instala aquí unha base de compras de madeira", afirma o portavoz do BNG de Medio Rural, Xosé Luís Rivas 'Mini'. BNG levou o asunto esta sexta feira ao Parlamento. A súa proposición non de lei foi rexeitada pola maioría absoluta do PP.
Non é terrorismo, señor Feijóo
Publicamos a seguir o editorial do número 271 do semanario Sermos Galiza. Ten como asunto a posición fixada por Feijóo na súa recente comparecencia parlamentar sobre a vaga de lumes.
Máis de 80 profesores universitarios esixen outra política forestal
As causas dos incendios son complexas e as súas solucións "poden ser difíciles de aceptar por unha parte importante da poboación". É por iso que cómpre "un amplo consenso político e social". E unha mudanza radical das políticas públicas para o rural galego. Esta é a liña argumental do manifesto Por unha nova política para o rural galego, asinado por máis de 80 profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela.
"A Xunta ten que poñer fin a 30 anos de políticas pirómanas"
Para Ana Pontón, "a autocompracencia e a falta de autocrítica" da comparecencia de Núñez Feijóo só se pode definir dun xeito: "Un insulto". A portavoz do BNG recolleu a luva do presidente da Xunta e a súa distinción entre "arder" e "queimar", mais deulle a volta: "A Galiza quéimana as políticas pirómanas do Goberno, as portas xiratorias de Ence, o abandono do rural".
"Se facemos caso das teses de Feijóo, non cómpre mudar nada"
O portavoz do Partido Socialista iniciou a súa intervención en liña coa súa estratexia dos últimos meses e lembrou a "clarísima colaboración institucional" do PSdeG coa Xunta na fin de semana dos incendios. Mais axiña pasou á ofensiva. Afeou o olimpismo co que Feijóo despachou a actuación do seu Goberno o 15 de outubro e tildou de "cortina de fume" a estrambótica tese do "terrorismo incendiario".
"Falar de terrorismo incendiario é un exercicio de frivolidade que xoga coa dor"
Luís Villares acusou a Feijóo de pasar a vaga de incendios "agochado covardemente na manipulación informativa" e centrou a súa intervención nunha idea forza herdada das teses de Beiras sobre o afundimento do Prestige: "Esmoreceu o Estado e emerxeu a nación". "A súa fachada de bo xestor veuse abaixo, a súa reputación queimouse no domingo negro", engadiu o portavoz de En Marea, "porque non só houbo incompetencia, tamén houbo malicia e mentira na súa resposta".
Feijóo teima na teoría do “terrorismo incendiario” sen asumir el ningunha responsabilidade
O presidente aproveitou a comparecencia no Parlamento para anunciar un feixe de medidas e accións a raíz dos incendios que o pasado mes arrasaron perto de 50.000 hectáreas. Entre elas, recuperar algunhas das que o seu propio goberno reduciu, como a franxa de seguranza para núcleos poboados. Feijóo insistiu en falar de “terroristas”.
Villares denuncia a incompetencia e o abandono por parte da Xunta na xestión do “domingo negro”
Luís Villares reuniuse esta mañá co alcalde de Pontecaldelas, Andrés Díaz, un dos concellos máis afecetados polo desastre medioambiental.
Pontón pide un "mando único" para evitar que se repita o "caos" da vaga de lumes
En apenas dous días arderon 35.500 hectáreas, máis do dobro do obxectivo marcado no Pladiga 2017. Representantes do servizo de emerxencias 112, de Seaga e Aprodiga mantiveron esta quinta feira un encontro no Parlamento con Ana Pontón para trocar impresións sobre como previr e enfrontar catástrofes semellantes.
O risco dunha economía en cinzas
Unha vaga de incendios como a que Galiza sofreu a mediados de outubro sobrepasa con moito o simple problema ambiental para entrar de cheo no social e o económico. Os incendios golperoan sectores produtivos básicos do país para alén de poñer sobre a mesa unha cuestión: Quen asume e cubre os enormes danos? Damos as claves no Sermos Galiza 269.
A Xunta deixou sen utilizar os bombeiros dos parques lugueses para combater a vaga de lumes
As evidencias sobre o descontrol na xestión da vaga de lumes da pasada semana son cada día máis claras. Xosé Ferreiro, portavoz do BNG na Deputación de Lugo, denunciou que “cando dende a Xunta se recorría á axuda externa e se dicía que os medios estaban superados, vimos veciñas e veciños tentando apagar o lume con caldeiros mentres camións e bombeiros estaban nos parques comarcais porque non se contou con eles nunhas xornadas tan difíciles para o noso país”.
Pontón denuncia un recorte nas partidas de loita contra os incendios nos Orzamentos 2018
O BNG lamenta que as contas continúen lastradas polos cortes de nove anos de goberno de Núñez Feijóo.