Debate no Parlamento

BNG alerta de que a instalación na Galiza dunha pasteira lusa eucaliptizaría aínda máis o país

"Todo indica que imos a unha eucaliptización máis dura da que hai agora de se confirmar que a pasteira lusa Navigator Company [antiga Portucel] instala aquí unha base de compras de madeira", afirma o portavoz do BNG de Medio Rural, Xosé Luís Rivas 'Mini'. BNG levou o asunto esta sexta feira ao Parlamento. A súa proposición non de lei foi rexeitada pola maioría absoluta do PP.

Plantación eucaliptos acto simbólico 21 abril 2017
photo_camera Acto simbólico -plantación de eucaliptos no Obradoiro- para denunciar o inzamento desta especie nos montes do país
Comentarios