A Xunta deixou sen utilizar os bombeiros dos parques lugueses para combater a vaga de  lumes

As evidencias sobre o descontrol na xestión da vaga de lumes da pasada semana son cada día máis claras. Xosé Ferreiro, portavoz do BNG na Deputación de Lugo, denunciou que “cando dende a Xunta se recorría á axuda externa e se dicía que os medios estaban superados, vimos veciñas e veciños tentando apagar o lume con caldeiros mentres camións e bombeiros estaban nos parques comarcais porque non se contou con eles nunhas xornadas tan difíciles para o noso país”.

Chavaga. (1)
photo_camera Os veciños de Chavaga en Monforte apagando os incendios cos seus propios medios ante o abandono da Xunta
Comentarios