O risco dunha economía en cinzas

Unha vaga de incendios como a que Galiza sofreu a mediados de outubro sobrepasa con moito o simple problema ambiental para entrar de cheo no social e o económico. Os incendios golperoan sectores produtivos básicos do país para alén de poñer sobre a mesa unha cuestión: Quen asume e cubre os enormes danos? Damos as claves no Sermos Galiza 269.

[Imaxe: Galiza Contrainfo] Incendios
photo_camera [Imaxe: Galiza Contrainfo] Incendios

3Galiza padeceu en 2006 unha das vagas de incendios máis devastadoras da súa historia recente. Os lumes arrasaron 93.000 hectáreas, cifra que é case o triplo das que se queimaron nos incendios de mediados de outubro (35.000 Has) mais que eran moito menos das que arderan en 1989 (198.000 hectáreas). María Loureiro, Melina Barrio e Luisa Chas preocupáronse de intentar cuantificar as perdas económicas imediatas causadas polo lume de 2006: por volta de 340 millóns de euros, cantidade que non abranguía impactos como os danos da cinza dos montes queimados en bancos marisqueiros, a perda de produtos forestais como castañas ou cogumelos, o lucro cesante...

Embora todas estas limitacións, estas tres expertas sinalaban que os custos dos incendios en Galiza teñen un impacto equivalente a entre 0,62 e 0,84% do noso PIB. No conxunto do Estado españpol, o impacto do lume non sobrepasa o 0,2%. Que quere dicir isto? Pois, como nos afirma Lourdes Hernández (WWF), “que os incendios xa non son un problema estritamente ambiental, senón un problema económico”. Hernández incide en que vagas de lume como a deste mes de outubro non só teñen efectos na natureza, na flora e fauna. As consecuencias van desde a gandeiría até o agro e o turismo. “Restaurar unha zona calcinada sae entre 3.000 e 6.000 euros por hectárea”.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 269, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios