Incendios de outubro de 2017

[Imaxe: Xunta de Galiza]. Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa
SOCIAL

Feijóo di que “nunca houbo tantos medios en outubro” e culpa o “terrorismo incendiario”

O presidente da Xunta compareceu após o consello de goberno extraordinario. Anuncia 3 días de loito oficial.

#Galifornia

vigo_mtarrago
LUMES

Vigo respira, mais segue en alerta 

Sete focos de lume seguen activos. Os máis importantes afectan ao monte Alba e a serra do Galiñeiro. Un veciño de San Andrés de Comesaña de 70 anos perdeu a vida mentres enfrontaba as lapas.

Crtvg manipulacion lumes incendios
O comité de empresa esixe a dimisión do director xeral

Denuncian unha cobertura "tardía, insuficiente e patética" da TVG

O lume xa entraba no casco urbano de Vigo. Dúas persoas morreran atrapadas en Nigrán. Desde a mañá do domingo 16 de outubro os incendios inzaban Galiza. Só despois das sete da tarde prenderan máis de 70 fogos. Pero a programación da televisión pública galega permaneceu inmutábel ate peto das once da noite. "Houbo unha resposta tardía, insuficiente e patética, e só cando as críticas anegaban as redes sociais", sinalan fontes do comité interempresas da CRTVG, que veñen de esixir a demisión do director xeral do ente Alfonso Sánchez Izquierdo.

[Imaxe: @BrifLaza] Incendio
Un brigadista que loita contra os incendios no sur de Pontevedra

"Veste impotente, isto é unha improvisación, un caos..."

Falamos con Luis, un dos 436 brigadistas despedidos pola Xunta a 30 de setembro e voltos a contratar ás présas o pasado 11 de outubro perante a vaga de incendios. “A Xunta segue erre que erre co de que os incendios son cousa do verán, non se enteran de que iso xa non vale”.

incendios
INTERNACIONAL

No mínimo 10 pessoas mortas nos incêndios de Portugal

Domingo registou um total de 443 incêndios florestais, dos quais se mantêm activos por volta de 108 fogos. Um total de 4.500 efectivos dos serviços de extinção s e 1.600 viaturas combatem as lapas.

Antón Losada, 3 de maio de 2016
SOCIAL

Antón Losada: "#ArdeGalicia porque a Xunta preferiu aforrar uns euros antes que previr"

Analista en distintos meios, colaborador do semanario Sermos Galiza, Antón Losada ceibou este domingo un chío moi crítico coa xestión da Xunta en materia de incendios. A rede continúa a ferver de indignación.

consello
SOCIAL

Feijóo convoca un consello da xunta extraordinario e comparecerá ante os meios

Está programado ara esta segunda feira ás 9.15 un consello da Xunta extraordinario. O goberno galego anula o resto da axenda oficial.

incendios
"Non son 132 lumes, son 132 atentados"

105 lumes aínda activos, 19 deles perigosos para as persoas

A catástrofe non ten fin. A tal hora aínda fican activos 105 lumes, 15 deles alerta 2, informou a conselleira de Medio Rural.

Incendios Outubro 2017
SOCIAL

125 incendios devastan o país, deixan 4 vítimas mortais e ispen as carencias da Xunta

A vaga de lumes -125 activos en todo o país, segundo os dados de Meio Rural- desencadeou este domingo toda a súa furia sobre a Galiza, que ficou virtualmente inerme ante o avanzo das lapas. Até en 19 concellos da Galiza se declarou alerta nível 2, o que significa que neses lugares houbo riscos para a vida humana. O saldo final está por se realizar, mais a traxedia consumouse ao se producir a morte de catro persoa, dúas mulleres de avanzada idade falecidas após ficaren atrapadas nunha furgoneta en Nigrán e dous septuaxenarios ao tentaren apagar as chamas, un en Carballeda de Avia e outro en Vigo. As condicións atmosféricas -temperaturas altísimas, ventos moi fortes, encoraxados durante a madrugada polo furacán Ophelia- favoreceron a catástrofe, mais os incendios espiron tamén as carencias da Xunta.

0e9004ca-26a5-4533-89b3-d60c213a80e8
SOCIAL

A Xunta suspende aulas en 10 centros educativos

F
SOCIAL

Feijóo: "Os que queiman saben moi ben que este era o momento para queimar"

 

 

Galiza en chamas

Apocalipse!!

ria de vigo
SOCIAL

17 os concellos alerta 2 con riscos para as persoas

De madrugada, por volta das 4 da mañá, declarouse alerta 2  na parroquia de Cangas, no concello lugués de Pantón.

Rande
SOCIAL

As dúas vítimas mortais de Nigrán víronse atrapadas polas lapas no interior dunha furgoneta

A última hora é tráxica: dúas mulleres de avanzada idade morreron en Nigrán a consecuencia dos lumes que devastan o sul do país. Confirmouno o concello. 

baiona
SOCIAL

4.000 hectáreas ardidas en 2 días, 26% do previsto no Pladiga para todo o exercicio

Os lumes desta fin de semana arrasaron por volta de 4.000 hectáreas, atinxiron basicamente o sur do país e comprometeron seriamente zonas de alto valor ecolóxico como o Parque Natural do Xurés ou os Ancares. A vaga de lumes está aínda lonxe de ter rematado.

Rande
SOCIAL

Os ventos de Ophelia previstos para esta noite ameazan con agravar os efeitos da vaga de lumes

É o pior cenario imaxinábel: incendios descontrolados, altas temperaturas, seca e un furacán que, embora amortecido, alcanzará Galiza a partir desta medianoite e que se prevé que traia ventos de 100 quilómetros por hora. Ophelia pode complicar extraordinariamente as operacións ao dispositivo anti-incendios.

Screen Shot 2017-10-15 at 18.32.27
SOCIAL

Colapso na A-52 en dirección a Vigo coas lapas moi perto dos automóbeis

Automobilistas cortan medianas para fuxir pola calzada contraria.

Incendios: as responsabilidades da Xunta