Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
As medidas sanitarias propostas pola Xunta da Galiza provocaron unha imaxe nunca antes vista no mítico programa galego cos asentos baleiros.
O ex-presidente de Novacaixagalicia cumpría dous anos de cárcere por apropiación indebida. Sae en liberdade após pasar seis meses na cadea, un terzo da condena.
O Consello da Xunta aprobou a concesión destes recoñecementos, que se entregarán o vindeiro 28 de xuño.
O tribunal tamén condena ao avogado Ricardo Pradas como cooperador necesario e absolve Javier García de Paredes, ex-director xeral adxunto de Nova Caixa Galicia.
O ex presidente de Caixa Nova, coa cumplicidade do presidente da comisión de investigación (PP), renuncia á autocrítica e despreza o Parlamento ao negarse a responder varias preguntas, como as que aludían á burbulla inmobiliaria ou ás escandalosas indemnizacións dos directivos, das que non falou porque “están baixo investigación xudicial”. Usando o castelán en todo momento, afirmou que a caixa que lideraba “estaba en contra da fusión”, cuxo fracaso atribúe ás “duplicidades”.
Está a decorrer a comparecencia no Parlamento, na comisión de investigación das caixas, dos directivos que as levaron á ruína. Fóra, as vítimas das preferentes están a realizar unha concentración. As súas bucinas atronan a sala en que se produce a comparecencia.
A de hoxe é sen dúbida a máis agardada sesión da comisión que está a investigar a xestión das caixas galegas. Os seus máis altos directivos comparecen diante do Parlamento e terán que explicar, entre outras cousas, a venda de preferentes e o cobro de indemnizacións.
Fontes da Consellaría de Educación e Cultura informaron a Sermos Galiza de que o presidente de Pescanova, Fernández de Sousa, apresentou a renuncia ao seu cargo de presidente do padroado do CGAC. O empresario que levou a Pescanova á suspensión de pagamentos remitiu unha carta ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. Tamén terían apresentado a renuncia aos seus cargos como vogais do padroado os ex directores xerais das caixas, Méndez e Gayoso.
A deputada do BNG Ana Pontón vén de demandar no Parlamento o cesamento por parte da Xunta de Manuel Fernández de Sousa-Faro, Julio Fernández Gayoso e José Luís Méndez como presidente e membros do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea. A noticia viu a luz en Sermos Galiza.