Dimite Julio Fernández Gayoso como copresidente de Novagalicia Banco

O que até hoxe fora directivo de Novagalicia Banco dimite no Consello de Administración desenvolvido esta quinta en Vigo.

As presións dos últimos días, logo de ser imputado pola Fiscalía, e da demisión de Mauro Varela tras ser admitida a trámite a querela contra el na Audencia Nacional, levaron a Gayoso a deixar a dirección de Novagalicia Banco esta mañá.

NGB que será investigada por irregularidades no proceso de fusión e bancarización das caixas, conta tamén nas súas costas coa maior fraude financeira do País, no caso das preferentes. 

O BNG da Coruña pide que sexa retirado o título de fillo predilecto a  Jesús Méndez

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego na Coruña, exixe a retirada do título que a cidade lle outorgou ao exdirector xeral de Novagalicia Banco,  ao entenderen que non é merecente de tal consideración ao destapárense as indemnizacións multimillonarias que recibiu, así como "polo seu nepotismo e súa conduta dende o ano 2007". 

Comentarios